Netscape Navigator | |
---|---|
Captura de Netscape 7 | |
Desenvolvedor(es) | Netscape Communications Corporation e AOL |
Publicación inicial | 15 de decembro de 1994 |
Última versión | 9.0.0.6 (20 de febreiro de 2008) |
Estado de desenvolvemento | Descontinuado |
Sistema operativo | Multiplataforma |
Lingua/s | Multilinguaxe Galego: Non |
Tipo | Navegador web |
Licenza | Comercial |
Sitio web | archive |
Netscape Navigator foi un navegador web, o primeiro comercial, produto estrela de Netscape Communications Corporation, que dominou o mercado entre entre 1996 e 1999.
Desenvolveuno o equipo dirixido por Marc Andreesen, que creou o Mosaic, ao que substituíu rapidamente. Saíu ao mercado o 13 de outubro de 1994 co nome de Mosaic Netscape 0.9.
Netscape Navigator creou novos estándares para a presentación de páxinas web, como táboas e marcos, e foi tamén o primeiro en incluír unha linguaxe de script, ao introducir na súa versión 2.0 JavaScript. En marzo de 1988 Netscape liberou a maioría do código fonte do navegador e o colocou baixo a licenza de software libre.
O 14 de xullo de 2003, AOL anuncióu retiraría todo o persoal de desenvolvemento que traballaba na versión de Netscape de Mozilla. En 2008 publicouse Netscape 9.0.0.6, a derradeira versión do navegador, e o 1 de marzo dese mesmo ano cancelouse o soporte, iso significa que a partir desa data non recibiu arranxos de seguridade e non se publicaron novas versións do software.
Algúns usuarios, aproveitando o código de Mozilla Firefox, intentaron revivir Netscape Navigator. Entre estes proxectos están Netscape Reloaded e Netstep, engadindo funcionalidade, ferramentas, e aspectos semellantes as usadas polo navegador mediante extensións.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Netscape Navigator |