(2013) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de maio de 1988 (36 anos) Fort Lauderdale, Estados Unidos de América |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | Music Academy of the West (en) Mannes College The New School for Music (en) Dreyfoos School of the Arts (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Canto e ópera |
Ocupación | cantante de ópera |
Período de actividade | 2004 - |
Xénero artístico | Ópera |
Lingua | Lingua inglesa |
Tesitura | Soprano |
Instrumento | Voz |
Premios
| |
Páxina web | nadinesierra.com |
Nadine Sierra, nada en Fort Lauderdale o 17 de maio de 1988, é unha soprano lírica estadounidense.
Naceu en Fort Lauderdale, Florida, en 1988. Asistiu á Alexander W. Dreyfoos School of the Arts en West Palm Beach, Florida[1] e formouse no Mannes College of Music e na Music Academy of the West, de Marilyn Horne.
Cantou cando tiña 14 anos coa Palm Beach Opera e fixo a súa estrea operística con 15 anos en Hänsel e Gretel de Engelbert Humperdinck. Nese mesmo ano apareceu no programa da radio pública italiana interpretando O mio babbino caro de Gianni Schicchi. Fixo o seu primeiro concerto en Helsinqui no 2009.
En outubro de 2009 cantou no Cruceiro Mediterráneo Marilyn Horne que percorreu Italia, Croacia, Turquía e Grecia. En xaneiro de 2011 regresou a Palm Beach Opera con Orfeo e Eurídice no papel protagonista. En xaneiro de 2012, apareceu como Gilda en Rigoletto na Florida Grand Opera, papel no que apareceu tamén en 2013 no Teatro San Carlo de Nápoles, na Metropolitan Opera House en 2015 e en xaneiro 2016 na La Scala de Milán con Leo Nucci.[2][3]
Cantou no Concerto de Aninovo 2016 en La Fenice de Venecia con Stefano Secco[4] e no Concerto de Aninovo 2017 en Teatro Massimo de Palermo.
Entre outros:
A Galipedia ten un portal sobre: Ópera |
A Galicitas posúe citas sobre: Nadine Sierra |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nadine Sierra |