Bandeira da Arxentina.

O nacionalismo arxentino é un movemento político nacionalista presente na Arxentina. Xurdiu durante a guerra da independencia e as guerras civís, e fortaleceuse durante a década de 1880.

Ao longo da historia da Arxentina existiron ondas de interese renovado no nacionalismo, en resposta a eventos como a segunda guerra mundial, o Proceso de Reorganización Nacional e as protestas de decembro de 2001.

Historia

José de San Martín, Juan Manuel de Rosas e Juan Domingo Perón son considerados polo nacionalismo arxentino como unha liña de continuidade histórica.[1]

A moderna Arxentina formou outrora parte do Vicerreinado do Río da Prata, parte do Imperio Español. A captura do rei de España durante a Guerra da Independencia española comezou a Guerra da Independencia da Arxentina. Estaba baseado no principio da retroversión da soberanía dos pobos: co rei ausente, a soberanía volveu aos seus súbditos que daquela eran capaces de gobernarse.

Notas

  1. Chaneton, p. 37

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía