Multiplayer online battle arena (MOBA), en galego campo de batalla multixogador en liña, tamén coñecido como action real-time strategy (ARTS), en galego estratexia de acción en tempo real, é un xénero de videoxogos orixinado como un subxénero da estratexia en tempo real, no que o xogador controla a unha personaxe dentro dun equipo de varios xogadores. O obxectivo dos xogos deste xénero é destruír a estrutura principal do equipo contrario coa axuda doutras unidades controladas pola computadora que se moven por camiños predefinidos dentro do mapa do xogo. As personaxes dos xogadores posúen varias habilidades e vantaxes que van mellorando durante a partida e que contribúen á estratexia global do seu equipo. Este tipo de videoxogos combinan elementos dos videoxogos de acción, rol e estratexia en tempo real.
O precursor deste xénero foi Aeon of Strife (AoS), un mapa a medida feito para o videoxogo StarCraft.[1][2][3] Defense of the Ancients (DotA), un mapa para o videoxogo Warcraft III: Reign of Chaos e The Frozen Throne baseado en Aeon of Strife, está considerado un dos principais títulos deste xénero e o primeiro MOBA para o que se levaron a cabo torneos con patrocinadores.[3] Outros dos principais títulos dentro deste xénero son League of Legends, Heroes of Newerth e Dota 2.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Multiplayer online battle arena |
Este artigo sobre videoxogos é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |