Mohamed Salah | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Mohamed Salah Ghaly | ||
Nacemento | 15 de xuño de 1992 (32 anos) | ||
Lugar de nacemento | Nagrig | ||
Altura | 1,75 m | ||
Posición | Dianteiro | ||
Información de club | |||
Club actual | Liverpool | ||
Número | 11 | ||
Carreira xuvenil | |||
2004–2005 | Ittihad Basyoun | ||
2005–2006 | Othmason Tanta | ||
2006–2010 | El Mokawloon SC | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2010–2012 | El Mokawloon | 38 | (11) |
2012–2014 | Basel | 47 | (9) |
2014–2016 | Chelsea | 13 | (2) |
2015 | → Fiorentina (cedido) | 16 | (6) |
2015–2016 | → Roma (cedido) | 34 | (14) |
2016–2017 | Chelsea | 31 | (15) |
2017– | Liverpool | 36 | (32) |
Selección nacional | |||
2010–2011 | Exipto sub-20 | 11 | (3) |
2011–2012 | Exipto sub-23 | 11 | (4) |
2011– | Exipto | 57 | (33) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 13 de maio de 2018. Selección: actualizado a 23 de marzo de 2018.[ editar datos en Wikidata ] | |||
Mohamed Salah Ghaly (en árabe: محمد صلاح), nado en Basyoun, Gharbia o 15 de xuño de 1992, é un futbolista exipcio, que xoga como dianteiro no Liverpool F.C. da Premier League de Inglaterra e na selección de Exipto.
Comezou a súa carreira en Al-Mokawloon Al-Arab. Logo trasladouse ó FC Basel en 2012 e posteriormente xogou para Chelsea, Fiorentina (en préstamo) e Roma antes de ser transferido ó Liverpool en 2017. Ademais de representar ó equipo nacional exipcio dende 2011, gañou unha Medalla de bronce na Copa Africana de Nacións Sub-20. Tamén participou na Copa Mundial Sub-20 da FIFA 2011, nos Xogos Olímpicos de 2012 e a Copa Africana 2017, onde Exipto foi subcampión e se clasificou no Mundial de Fútbol Rusia 2018. Salah converteuse no máximo goleador da Clasificación mundial da FIFA na CAF. Gañou a Super Liga suíza na súa primeira tempada co Basilea e a Premier League 2014-15, a Football League Cup 2014-15 co Chelsea. Foi galardoado pola CAF como o talento africano máis prometedor do ano en 2012. En 2013, foi galardoado co premio SAFP Golden Player por ser o mellor xogador da Super Liga Suíza. En 2017, foi nomado Futbolista africano do ano e Futbolista Africano da BBC do ano. Tamén foi galardoado dúas veces como o xogador do mes da Premier League, en novembro de 2017 e en febreiro de 2018.
Salah formouse no Mokawloon Al-Arab e no Arab Contractors. Ademais de representar ó equipo nacional do seu país a unha idade temperá, tamén participou na Copa Mundial Sub-20 da FIFA e nos Xogos Olímpicos de Londres de 2012.
En agosto de 2012, o Basel fíxose cos seus servizos.[1] Salah gañou a Super Liga suíza na súa primeira tempada, sendo galardoado co premio ó Futbolista africano do ano.
O seu bo rendemento en Suíza permitiulle fichar polo Chelsea en xaneiro de 2014,[2] curiosamente o equipo ó que lle marcara dous goles na Liga de Campións da UEFA 2013-14. O 8 de febreiro de 2014 entra en troques de William no minuto 78 debutando no fútbol inglés ante Newcastle. Marca o seu primeiro gol o 26 de marzo na vitoria por 6 a 0 fronte ó Arsenal e o seu segundo o 5 de abril ante Stoke City no triunfo por 3-0. Remata a tempada con 800 minutos xogados e só xogou un partido completo e 7 de titular. O equipo non gaña títulos e queda terceiro na Premier League.