Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo.

Dende o punto de vista etimolóxico, milicia pode referirse a facer a guerra e disciplinar aos soldados para este efecto.[1] Do mesmo xeito, tamén caracteriza o servizo ou profesión militar ou un conxunto de tropa ou xente de guerra.

Con todo, o termo milicia utilizouse tamén, nun sentido máis restrinxido, para referirse a unha forza militar composta soamente de cidadáns, os cales se dedican á defensa do seu pobo ou nación, a aplicación da lei de emerxencia, ou de paramilitares de servizos, en momentos de emerxencia, e que non reciben ningún salario regular nin se comprometeron a un prazo fixo de servizo. Trátase dunha polisemia con múltiples significados distintos pero relacionados.

En xeral, unha milicia é o grupo formado pola unión de varios cidadáns que se organizan para proporcionar defensa ou servizos paramilitares a unha causa, sen recibir paga de forma regular ou estar adscritos á mesma por un período prefixado (a diferenza dun soldado regular), e de forma voluntaria (a diferenza dos membros dunha leva ou substitución obrigatoria). O membro dun destes grupos é, por extensión, un miliciano ou unha miliciana.[2]

A milicia pode comportarse ocasionalmente como exército regular ou como guerrilla, segundo a relación de forzas que teña con cada opoñente en concreto.

Etimoloxía

Guerrilla mexicana.

O termo milicia provén de raíces latinas e fai referencia á actividade militar. Segundo os países e a época, o termo ten diferentes usos ou connotacións, pero o habitual é aplicar o termo miliciano a combatentes non integrados nun exército regular.

Significados

A palabra pode ter varios significados dependendo do seu contexto. Os significados legais e históricos de milicia inclúen:

En calquera destes casos, unha milicia é distinta dun exército regular. Pode servir para suplementar as forzas armadas, ou pode oporse a elas, por exemplo, como resistencia a un golpe de estado militar. Este era o caso dos milicianos galegos e españois, voluntarios que non estaban integrados no exército regular republicano que combateu na guerra civil española.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para milicia.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para miliciano.

Véxase tamén

Outros artigos