Midnight in Paris
Ficha técnica
Título orixinalMidnight in Paris
DirectorWoody Allen
Produtor
  • Letty Aronson
  • Stephen Tenenbaum
  • Jaume Roures
GuiónWoody Allen
Intérpretes
MúsicaStephane Wrembel
FotografíaDarius Khondji
MontaxeAlisa Lepselter
Estudio
DistribuidoraSony Pictures Classics
EstreaFestival de Cannes: 11 de maio de 2011
Duración94 minutos[1]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
España España
XéneroComedia
Orzamento17 millóns de dólares[2]
Recadación$151,1 millóns de dólares[2]
Na rede
https://www.sonyclassics.com/midnightinparis/
IMDB: tt1605783 Filmaffinity: 567174 Allocine: 178300 Rottentomatoes: m/midnight_in_paris Mojo: midnightinparis Allmovie: v515754 TCM: 802334 Metacritic: movie/midnight-in-paris TV.com: movies/midnight-in-paris Netlix: 70181730Editar o valor em Wikidata

Midnight in Paris é unha comedia romántica hispano-americana, escrita e dirixida por Woody Allen e producida polo grupo Mediapro e Allen's Gravier Productions. Presentouse no Festival de Cannes de 2011.

Sinopse

Midnight in Paris é unha comedia romántica ambientada en París que narra a historia dunha familia americana que viaxa á capital francesa por motivos de traballo, incluída unha parella de prometidos forzada a enfrontarse á ilusión de que unha vida diferente á súa puido ser mellor.

Gil e a súa prometida Inez están en París de vacacións coa súa familia, e por casualidade, atópanse cuns amigos. Gil é un exitoso pero insatisfeito guionista de Hollywood que agora traballa na súa primeira novela. Inez e os demais son moi escépticos coa idea. Unha noite, mentres paseaba só, Gil entra no coche duns agradables estraños. Gil decátase axiña de que foi transportado a 1920, unha época que admira e idolatra na súa novela. Mentres está alí, atópase e interactúa con coñecidos escritores e artistas da época que o axudan coa súa novela e coa súa vida. Ao final decátase de que a saudade dunha "época dourada" é un tema recorrente en calquera período de tempo, e que algúns prefiren ser nostálxicos dun pasado romántico no canto de aceptar o presente e o incerto futuro.

Personaxes

Estrea

A estrea mundial do filme foi o 11 de maio de 2011, como película de apertura do 64º Festival de Cannes. Sony Pictures Classic lanzou o filme nos Estados Unidos o 20 de maio de 2011.

Notas

  1. "Midnight In Paris (12A)". British Board of Film Classification. 2 de setembro de 2011. Consultado o 10 de xaneiro de 2012. 
  2. 2,0 2,1 "Midnight in Paris". Box Office Mojo. Consultado o 5 de xullo de 2012. 

Véxase tamén

Ligazóns externas