Michael Olowokandi | |
---|---|
Posición | Pivote |
Dorsal | 34, 41 |
Altura | 2,13 m (7 ft 0 in) |
Peso oficial | 122 kg (270 lb) |
Nacemento | 3 de abril de 1975 (49 anos) Lagos |
Carreira | |
Universidade | Pacific (1995–1998) |
NBA Draft | 1998 / Rolda: 1 / Elección: 1 Por Los Angeles Clippers |
Tempadas | 1998–2007 |
Equipo(s) | |
| |
Estatísticas (NBA) | |
Puntos | 4 135 (8,3 pp) |
Rebotes | 3 414 (6,8 pp) |
Tapóns | 697 (1,4 pp) |
Stats @ Basketball-Reference.com | |
Premios | |
|
Michael Olowokandi, nado en Lagos o 3 de abril de 1975, é un antigo xogador profesional nixeriano de baloncesto. Nado en Nixeria, foi á universidade nos Estados Unidos, e foi considerado un dos grandes fracasos do Draft da NBA tras ser elixido na primeira posición no ano 1998. Retirouse do baloncesto profesional en 2007.
Olowokandi foi elixido na primeira posición do Draft da NBA de 1998 polos Los Angeles Clippers.[1] Durante ó lockout da tempada 1998-99, fichou polo Kinder Bologna italiano. Máis tarde asinou o seu contrato cos Clippers e xogou alí durante cinco tempadas. Despois, asinou coma axente libre cos Minnesota Timberwolves, onde xogou pouco máis de dúas tempadas. O 26 de xaneiro de 2006, foi traspasado ós Boston Celtics nun traspaso entre varios xogadores.