Mercedes Oliveira Malvar, tamén coñecida como Chis Oliveira,[1] nada en Pontevedra o 25 de maio de 1957, é unha filósofa, profesora e escritora galega.
Viviu de nena en Tui.[2] Estudou Filosofía e Pedagoxía na Universidade de Santiago de Compostela, doutorouse coa tese A educación afectivo-sexual na adolescencia. Epistemoloxía e didáctica dunha proposta (1997).[3] Exerceu a docencia no IES Saturnino Montojo de Ferrol, no Val Miñor de Nigrán e no María Soliña de Cangas. Foi Catedrática de Filosofía no Instituto Alexandre Bóveda de Vigo ata a súa xubilación.
Foi tamén profesora no Diploma Superior de Saúde Sexual e Reprodutiva da Escola Nacional de Sanidade en Madrid e en Estremadura, no Mestrado de Xénero e Políticas de Igualdade da UViGO e no Mestrado de Xénero da UdC. Colaborou coa Universidade de Córdoba.[4] Nos Centros de Formación do Profesorado foi coordinadora de Seminarios permanentes en Vigo[5] e impartiu moitos cursos de filosofía, didáctica, coeducación, feminismo, sexualidade, transversalidade, multiculturalidade, prevención da violencia, bullying etc…[2]. Na IPPF (International Planned Parenthood Federation) foi representante voluntaria do Estado Español en temas de Dereitos Sexuais en IPPF European Network Regional Council Meeting celebradas en Praga, Oslo, Dublín, Roma, Talín e Luxemburgo.[4]
Formou parte do grupo Enxergo de Didáctica da Filosofía. Foi presidenta da ONG de Dereitos Sexuais Federación de Planificación Familiar de España (1998-2003), da que foi representante internacional. Redactou o “II Plano Municipal para a Igualdade de Oportunidades e de Trato das Mulleres de Vigo”.
En 2018, Chis Oliveira e Amada Traba publicaron am@me. Pensar o amor no século XXI an Editorial Galaxia, un libro "que aborda da man de dúas das expertas que máis e mellor teñen traballado en Galicia as cuestións da sexualidade e a educación emocional na mocidade no noso país, a necesidade de reflexionar arredor das relacións amorosas e a aprendizaxe do amor".[6] En 2021 publicou con Priscila Retamozo o libro «Comando igualdade. A mocidade facendo a revolución feminista nas aulas!» un manual de feminismo na que abordan, ademais de conceptos básicos da teoría feminista, a historia do Comando Igualdade, un proxecto coeducativo que traballa a igualdade de xénero coa mocidade.
Platón. Cou. Biblioteca de Filosofía (1990). Edicións Xerais de Galicia. Vigo. 44 páxs. ISBN 84-7507-483-9.
O Animal Humano. 3º de BUP. Biblioteca de Filosofía (1993). Edicións Xerais de Galicia. Vigo. 72 páxs. ISBN 84-7507-737-4.
EROS: Materiais para pensar o amor. Biblioteca de Filosofía /Etica (1994). Edicións Xerais de Galicia. Vigo. 80 páxs. ISBN 84-7507-833-8.
A educación afectivo-sexual na adolescencia. Epistemoloxía e didáctica dunha proposta (1997) Tese de doutoramento. Facultade de Ciencias da Educación, Universidade de Santiago de Compostela.
La educación sentimental. Una propuesta para adolescentes (1998). Editorial Icaria, colección Antrazyt nº 131. Barcelona. ISBN: 84-7426-393-X.
"La educación sentimental. Una carencia en el sistema educativo". En Santos Guerra, M. A. (coord): El harén pedagógico. Perspectiva de género en la organización escolar (2000). Editorial Graó, col. Biblioteca de Aula, nº 149, Barcelona. ISBN: 84-7827-237-2.
Aprendendo a ver a desigualdade. 8 de marzo Día Internacional da Muller (2002). Colección de Igual a Igual. Concellería de Educación e Muller, Concello de Vigo. D.L.VG-197-2002.
O corpo como campo de batalla (2002). Colección de Igual a Igual. Concellería de Educación e Muller, Concello de Vigo. D.L.: VG-959-2002.
“La educación sentimental. Una carencia en el sistema educativo.” En Santos Guerra (coord): El harén pedagógico. Perspectiva de género en la organización escolar (2000). Editorial Graó.[7]
“Feminismo e sociedade laica” en Por umha sociedade laica. Polo nosso direito a decidir. MNG Mulleres Nacionalistas Galegas, Vigo (2008).[8]
Oliveira Malvar, Chris; Traba Díaz, Amada (2021). "Repensar a sexualidade no século XXI". ADRA. Revista dos socios e socias do Museo do Pobo Galego (16): 119–139.
Outras:
II Plan Municipal para a igualdade de oportunidades e de trato das mulleres de Vigo (2003-2004) (2003). Concellería de Muller Concello de Vigo. ISBN: 6881407-5.
Oliveira Malvar, Chis; Traba Díaz, Amada (2021). "Repensar a sexualidade no século XXI". ADRA. Revista dos socios e socias do Museo do Pobo Galego (16): 119–139.
1995. Premio Nacional Educación e Sociedade a materiais didácticos de innovación educativa do MEC polos libros O animal humano e Eros: Materiais para pensar o amor .[2]
2009. Premio IRENE: la paz empieza en casa, do Ministerio de Educación: Diseño y puesta en marcha de un programa de educación afectivo-sexual en 4.º de ESO, do IES «Alexandre Bóveda». Vigo, Pontevedra. Mención honorífica.[10]
2010. Premio IRENE: la paz empieza en casa, do Ministerio de Educación: Primeiro premio dotado con 10.000 euros. Bata por fuera, mujer por dentro, do IES «Alexandre Boveda». Vigo, Pontevedra.[11]