As medidas cautelares son as ditadas mediante providencias xudiciais, co fin de asegurar que certo dereito poderá ser feito efectivo no caso dun litixio no que se recoñeza a existencia e lexitimidade de tal dereito. As medidas cautelares non implican un respecto da existencia dun dereito do proceso, pero si a adopción de medidas xudiciais tendentes a facer efectivo o dereito que eventualmente sexa recoñecido.
Por tanto, son todas aquelas actuacións ou decisións que, sen prexulgar do resultado final, de contido positivo ou negativo, que un órgano da Administración pública ou un xuíz ou maxistrado do poder xudicial, pode adoptar para que as resultas da resolución administrativa ou xudicial fornezan plenos efectos para os interesados ou para a parte procesual. Para iso, esíxese a concorrencia de dous requisitos: o fumus boni iuris ou aparencia de bo dereito e o periculum in mora ou perigo/risco polo paso do tempo.[1]