A Medalla de Ouro do RIBA (Royal Gold Medal (en inglés)) de arquitectura é un galardón que se outorga anualmente polo Real Instituto de Arquitectos Británicos (Royal Institute of British Architects, RIBA) en representación do monarca británico e como recoñecemento dunha contribución substancial (individual ou colectiva) á arquitectura internacional.

Foi concedida por primeira vez no ano 1848 a Charles Robert Cockerell e entre os seus galardoados atópanse moitos dos máis recoñecidos arquitectos dos séculos XIX e XX, entre eles Sir Giles Gilbert Scott (1925), Frank Lloyd Wright (1941) ou Le Corbusier (1953). Non todos os que recibiron a medalla foron arquitectos. Tamén foron recoñecidos enxeñeiros como Ove Arup (1966) e Peter Rice (1992) que sen dúbida tiveron un papel fundamental na realización dalgúns dos edificios clave do século XX. Tamén se entregou a influentes escritores sobre arquitectura, incluíndo estudos como o reverendo Robert Willis (1862), Sir Nikolaus Pevsner (1967) e Sir John Summerson (1976) ademais de teóricos como Lewis Mumford (1961) e Colin Rowe (1995). Foron recoñecidos arqueólogos como Sir Austen Henry Layard (1868), Karl Richard Lepsius (1869), Melchior de Vogüé (1879), Heinrich Schliemann (1885), Rodolfo Lanciani (1900) e Sir Arthur Evans (1909), e pintores como Lord Leighton (1894) e Sir Lawrence Alma-Tadema (1906). Outra notable excepción foi o premio de 1999 outorgado á cidade de Barcelona.

O premio recoñece principalmente unha traxectoria, non obras puntuais.

Lista de galardoados

Notas

  1. Oliver Wainwright, "'I'm dumbfounded!' … Neave Brown on bagging an award for the building that killed his career". The Guardian, 6 de outubro de 2017. Consultado o 6 de outubro de 2017
  2. "Social Housing Pioneer Neave Brown Wins 2018 RIBA Gold Medal", Architectural Record, 28 setembro 2017
  3. "Paulo Mendes da Rocha Awarded 2017 RIBA Royal Gold Medal", Architectural Record, 29 de setembro de 2016
  4. "Dame Zaha Hadid awarded the Riba Gold Medal for architecture - BBC News". Bbc.com. Consultado o 24 de setembro de 2015. 
  5. Oliver Wainwright: "RIBA awards Royal Gold Medal to architectural historian Joseph Rykwert", en The Guardian, 18 de setembro de 2013

Véxase tamén

Ligazóns externas