Maurice Blanchot
Nacemento22 de setembro de 1907
Lugar de nacementoFrancia
Falecemento20 de febreiro de 2003
Lugar de falecementoParís
SoterradoLe Mesnil-Saint-Denis
NacionalidadeFrancia
EtniaPobo francés
Alma máterUniversity of Strasbourg
Ocupaciónfilósofo, escritor, xornalista, crítico literario e teórico literario
Na rede
Dialnet: 21711 Discogs: 5074354 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Maurice Blanchot, nado en Quain, preto de Devrouze (Saona e Loira) o 22 de setembro de 1907 e finado en Le Mesnil-Saint-Denis (Yvelines) o 20 de febreiro de 2003, foi un escritor, crítico literario e intelectual francés.

Traxectoria

Estudou filosofía na Universidade de Estrasburgo onde coñeceu a Emmanuel Levinas. Foi amigo de Bataille, e máis tarde de Michel Foucault e Derrida (que lle dedicou un gran libro e varios textos famosos). Escribiron, tamén, sobre el, Jean-Paul Sartre e Roland Barthes.

Mantivo na súa xuventude posicións conservadoras, quizais pola súa orixe familiar, mais Blanchot cambiou radicalmente de posición xa antes da segunda guerra mundial.

Colaborou en moitas revistas como crítico agudo e de enorme claridade, xa dende 1941; un terzo das recensións que escribiu ata 1944 foron recolleitas en Falsos pasos. Logo da súa morte, cerca dos cen anos, as restantes foron recuperadas en Chroniques littéraires (2007), groso volume do cal só media ducia de mostras viran a luz en congresos, entre 1999 e 2003. A súa lectura supón un modo inmediato de entrar no seu mundo expresivo.

Os seus relatos literarios son abstractos e evasivos: Thomas l'Obscur (1941), L'Arrêt de mort (1948), Aminadab, (1942) e Le Très-Haut (1949); nalgún deles, como no terceiro, transparentase o eco de Kafka. Tardiamente, en 1981, reuniu todos os escritos dispersos sobre o escritor checo: De Kafka a Kafka, pois, como dixo, "o que Kafka nos da, don que non recibimos, é unha sorte de combate da literatura pola literatura, combate cuxa finalidade se nos escapa e que ao mesmo tempo é tan familiar coma estraño".

Blanchot recluíuse radicalmente ata a súa morte, pero escribiu sobre maio do 68 e sobre os acontecementos da Francia contemporánea con paixón e equilibrio, logrando a admiración e a amizade dos mellores escritores e ensaístas da segunda metade do século XX. En Les Intellectuels en question, ao final da súa vida, fixo un balance de moitos acontecementos da súa centuria, e destacou a ambigua e difícil posición dos intelectuais.

Os libros de Blanchot divídense en tres xéneros: obra crítica, obra de ficción e escritura fragmentaria, esta última formada só por dúas obras maiores: Le pas au-delà, aparecido en 1973, e L'ecriture du désastre, en 1980.

A obra crítica comprende Faux pas, La part du feu, L'espace littéraire, Le livre à venir, L'entretien infini, L'amitié.

Na obra de ficción cabe distinguir dúas épocas, a das grandes novelas e, a continuación, a dos 'relatos'. Esta última distinción, entre novelas e relatos, non é soamente retórica, pois para Blanchot é fundamental, polo seu propio achegamento ao material literario; de feito, o segundo toca máis a súa experiencia vital no pasado remoto como escritor.

Obras

Narrativa

Crítica e teoría

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas