Infotaula de personaMathurin Jacques Brisson

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento30 de abril de 1723 Editar o valor em Wikidata
Fontenay-le-Comte, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte23 de xuño de 1806 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaFrancia Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Poitiers (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía, zooloxía e física Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo París Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbiólogo , físico , zoólogo , entomólogo , ornitólogo , filósofo Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaBrisson Editar o valor em Wikidata


Mathurin Jacques Brisson, nado o 30 de abril de 1723 en Fontenay-le-Comte, Baixo Poitou, Francia (hoxe no departamento da Vendée), e finado o 23 de xuño de 1806 en Croissy, cerca de Versailles, foi un zoólogo e filósofo francés, membro da Academia das Ciencias de Francia.

Traxectoria

Brisson estudou de 1737 a 1738 na escola de Fontenay e preparou un bacharelto de teoloxía en Poitiers. Pero non estaba destinado a facer unha vida ordenado e, grazas ao seu parentesco con R. A. F. de Réaumur (1683-1757), do que foi axudante, dedicouse ao estudo da historia natural. As súas principais obras nesta etapa foron Le Règne animal (1756) e Ornithologie (1760).

Foi profesor de filosofía natural (o que hoxe se coñece como física) no Colexio de Navarra de París, e entrou na Academia das Ciencias de Francia en 1759. Foi conservador do gabinete de curiosidades de Réaumur. Desexando competir coa Histoire naturelle de Buffon (1707-1788), emprende a publicación dunha grande obra zoolóxica. Traduce Le Système du Règne animal de Jakob Theodor Klein (1685-1759) en 1756, pero foi sobre todo a súa Ornithologie a que supuxo unha etapa importante no estudo científico das aves. Esta obra apareceu antes da Histoire naturelle des oyseaux de Buffon.

A comezos do ano 1806 sofre un severo ataque de apoplexía. A súa memoria quedou tan afectada que esqueceu falar en francés, recordando unicamente unhas poucas palabras do seu idioma materno, o poitevino. Pouco máis tarde, o 23 de xuño, morreu en Croissy, cerca de Versalles.

Principais obras

Abreviatura

A abreviatura Brisson emprégase para indicar a Mathurin Jacques Brisson como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas