Marquesado de Santa Cruz de Ribadulla
Primeiro titularAndrés Ibáñez de Mondragón y Ozores de Sotomayor
ConcesiónCarlos II
8 de marzo de 1683
Actual titularJuan Armada y Díez de Rivera
Pazo de Ortigueira ou de Santa Cruz de Ribadulla,
residencia dos marqueses do mesmo nome,
na parroquia de Santa Cruz de Ribadulla,
concello de Vedra, A Coruña.

O Marquesado de Santa Cruz de Ribadulla (ou Rivadulla) é un título nobiliario instituído polo rei Carlos II, outorgado o 8 de marzo de 1683 ao nobre galego Andrés Ibáñez de Mondragón y Ozores de Sotomayor[1].

Os seus titulares foron:

  1. Andrés Ibáñez de Mondragón
  2. Juan Ignacio de Armada y Mondragón
  3. Ignacio Antonio Armada y Salgado
  4. Juan Ignacio Armada y Mondragón
  5. Juan Ignacio Armada Mondragón y Caamaño
  6. Juan Antonio Armada Mondragón y Guerra
  7. Iván de Armada y Fernández de Córdoba
  8. Luís Gonzaga Armada y de los Ríos Enríquez
  9. Alfonso Armada Comyn
  10. Juan Armada y Díez de Rivera, actual marqués.[2]

Historia

[editar | editar a fonte]

A mediados do século XV vivía no lugar de Ortigueira, da parroquia de Santa Cruz de Ribadulla, un nobre apelidado Abraldes, que tomou partido pola infanta Xoana de Castela, alcumada a Beltranexa, na guerra que esta mantivo contra a súa parente Isabel pola Coroa de Castela, como tantos señores galegos. Non daba creto aos dixomedíxomes e, segundo se conta, persignándose, sentenciou:

"La hija de la reina, lo es del rey y a ella le pertenece la Corona de Castilla".

Os Reis Católicos, ao sabelo, mandaron derrubar a vella torre, o que era sinal de afronta para o que nela vivía. Abraldes abandonou súa casa e nunca volveu. O seu fillo mandou construír, na parroquia de San Mamede de Ribadulla, a casa de Guimaráns, pazo que estaba máis cerca de Santiago, e sen torre, pois nunca quixeron naquela familia volver a sufrir humillación.

Capela da Piedade, máis coñecida como capela de Mondragón, da catedral de Santiago, onde se poden ver, a ambos os lados, na parte superior da imaxe, as armas dos Mondragón, e do Marquesado de Santa Cruz de Ribadulla.

Por aqueles anos apareceu por Santiago de Compostela un clérigo influente, aberto e con diñeiro: Juan Ibáñez de Mondragón. Nomeado cóengo de Santiago, pronto aumentou a súa fortuna e adquiriu fama. Parece ser que un dos seus irmáns era prelado en Roma, e outro servía no Exército. A orixe da familia era o soar de Eremuzketa, en Guipúscoa. Satisfeito na diocese de Santiago, poderosa, o cóengo decidiu establecerse en Compostela, para o que vendeu os bens de Mondragón e buscou unha casa no campo; a torre de Ortigueira estaba baleira e comprouna. Cambiou a súa estrutura e edificou unha capela, pois pombal e ciprés xa os tiña. Porén non vivía moito tempo en Santa Cruz: pasaba as tardes en primavera, pois en verán adoitaba ir a tomar os baños a Noia. Comprou moitas terras para ampliar a leira, dotou á parroquia con xenerosidade e fundou un morgado electivo; pero a obra na que puxo maior empeño e diñeiro foi a construción da capela da Piedade (coñecida como capela de Mondragón), na catedral, na que mandou que o enterraran. A leira de Santa Cruz tomou entón forma. Comenzouse a muralla que a rodea, e plantáronse viñas e oliveiras, así como uns bos cadros de limoeiros, cerca do bosque de carballos e castiñeiros. A horta era excelente, e dela enviábase a Santiago unha cesta todos os días, para a vivenda do cóengo. No andar principal da casa, o sobrado, había amplas estancias, incluíndo a cociña, quedando todo o baixo para o gando e almacén do gran procedente dos foros. Ao cóengo sucedeuno un sobriño, que seguiu comprando terras, e aumentou a biblioteca.

O primeiro marqués de Santa Cruz, Andrés de Mondragón era home de boa reputación e prestixio en Santiago, e foi designado rexedor da cidade: puxo orde na mesma, mellorou as fontes e amañou os parques. Parece que tivo a concesión do arbitrio do sal. Rescatou ao pobo de Santa Cruz de Ribadulla do tributo e vasalaxe a que estaban sometidos. O rei Carlos II, o 8 de marzo de 1683, fíxolle mercede do título de marqués de Santa Cruz de Ribadulla, premiando así os seus servizos. Como título previo tiña o de vizconde de San Xulián de Piñeiro.[3]

Xenealoxía dos Armada

[editar | editar a fonte]

Jesusa, Rafaela, Alfonso, co que segue a liña, Luís, Dolores, María del Rosario, María del Perpetuo Socorro, Paz, Ignacio e Javier.

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. Elenco de Nobleza Arquivado 20 de xaneiro de 2008 en Wayback Machine. Consultada o 18/4/2012.
  2. 2,0 2,1 Muere el exgeneral Alfonso Armada, uno de los cerebros del golpe del 23-F Diario El País (España), 01/12/2013.
  3. Euskalnet. Armada Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine. (en castelán) Consultada o 18/4/2012.
  4. Muere el general Alfonso Armada, condenado a 30 años por el 23-F Diario ABC, 02/12/2013.
  5. La familia del golpista vuelve al Pazo Diario El Mundo (España), 22/02/2014.
  6. Alfonso Armada Xenealoxía.org. Apelidos de Galicia.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]