Marisol Soengas | |
---|---|
Nacemento | 1968 |
Lugar de nacemento | Agolada |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade da Coruña e Universidade Autónoma de Madrid |
Ocupación | microbióloga e immunóloga |
Premios | Premio María Josefa Wonenburger Planells |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
María Soledad Soengas González, nada en Agolada en 1968, é unha científica galega especialista en microbioloxía e recoñecida investigadora a nivel mundial sobre o melanoma. Dende 2008 lidera o Grupo de Melanoma do Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas, equipo que vén traballando dende 2017 en torno ao papel que a proteína midkina xoga na metástase do melanoma[1][2][3].
Comezou a estudar na Universidade da Coruña e especializouse en Microbioloxía na Universidade Autónoma de Madrid. Obtivo o título de doutora con honores polo estudo dos mecanismos moleculares de replicación do ADN no Centro de Bioloxía Molecular Severo Ochoa.[4] Nese centro participou no lanzamento da startup Bioncotech Therapeutics (2010) unha empresa con sede en Paterna que traballa no desenvolvemento de tratamentos contra o cancro a partir de ARN. No laboratorio deste centro formouse xunto a Margarita Salas.[5]
De 1997 a 2002 foi investigadora no Laboratorio Cold Spring Harbor (Long Island, estado de Nova York) analizando os mecanismos da morte celular e a súa implicación no melanoma.[4]Tamén desenvolveu investigación na Universidade de Míchigan.
Dende 2008 é responsable do Grupo de Melanoma no Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO).[4]
En 2022 ingresou na RAGC como académica correspondente xunto a Ana Cebreiro Gómez. [6]
En 2023 foi nomeada presidenta da Asociación Española de Investigación contra o Cancro (AsEICa).
En 2023 a revista Gciencia considerouna unha das 20 mulleres de ciencia en Galicia que había que coñecer.[7]