Marea de Vigo | |
---|---|
Tipo | partido político |
Data de fundación | 2014 |
País | España |
Na rede | |
http://mareadevigo.org | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Marea de Vigo foi un movemento político creado na cidade de Vigo o 12 de setembro de 2014,[1] que se presentou ás eleccións municipais do 25 de maio de 2015.[1]
A candidatura presentouse oficialmente o 18 de marzo do 2015 despois dun proceso de primarias[2] e saíu Rubén Pérez, membro de Esquerda Unida, como o candidato da Marea. A candidatura foi apoiada por Esquerda Unida e Anova, que conseguiron tres escanos no concello de Vigo,[3] mais non foi apoiada nin por Podemos,[1] nin por Equo ou Piratas de Galicia, pois estes dous últimos presentáronse nunha lista con Vigo en común.[4][5][6]
Nas eleccións de 2019 conseguiron dous escanos no concello de Vigo.[3] Un para o líder da coalición, Rubén Pérez e outro para a poeta Oriana Méndez, membro de Anova-Irmandade Nacionalista.
Nas eleccións de 2023 quedaron fóra do concello de Vigo ao non chegar ao limiar mínimo do 5% requirido para obter representación na corporación municipal.