Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2015.)

Manifesto do Partido Comunista
Autor/aKarl Marx e Friedrich Engels
OrixeConfederación Xermánica e Reino Unido
Lingualingua alemá
Xénero(s)political manifesto
Data de pub.21 de febreiro de 1848
editar datos en Wikidata ]
Selo soviético de 1948.

O Manifesto do Partido Comunista[1] ou O manifesto comunista[2][3][4][5] (Manifest der Kommunistischen Partei, polo seu título en alemán) é unha proclama encargada pola Liga dos Comunistas a Karl Marx e Friedrich Engels en 1847. Publicouse o 21 de febreiro de 1848.

Relevancia histórica

[editar | editar a fonte]

O manifesto comunista considérase[quen?] un dos tratados políticos máis influentes da historia. Este manifesto, do que son especialmente famosas as frases de comezo e final (Un espectro percorre Europa: o espectro do comunismo e o lema Proletarios de tódolos países, xuntádevos!, respectivamente), favoreceu unha gran revolución social e política e foi a base ideolóxica do movemento obreiro internacional e do proceso revolucionario ruso, que culminou en 1917 coa creación da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (URSS).

Contido e estrutura

[editar | editar a fonte]

O texto do manifesto describe sucinta e explicitamente os principios da teoría marxista do materialismo dialéctico e anuncia os propósitos e o programa da Liga. Suxire un curso de acción para unha revolución proletaria que derrocaría o capitalismo e instauraría unha ditadura do proletariado.

Está estruturado en catro grandes capítulos:

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. Marx, Karl; Engels, Friedrich (1976). Manifesto do Partido Comunista. Nova Galiza. 
  2. Marx, Karl; Engels, Friedrich (1998). O manifesto comunista. Edicións Xerais de Galicia. ISBN 8483023067. 
  3. Marx, Karl; Engels, Friedrich (2005). O manifesto comunista. Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-9782-363-X. 
  4. Marx, Karl; Engels, Friedrich (2014). O manifesto comunista. Edicións Xerais de Galicia. ISBN 978-84-96276-48-2. 
  5. O manifesto comunista e outros escritos políticos. Tradución de Ramón Máiz e Xosé Manuel García (USC, 2021)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]