Mainland | |
---|---|
Localización da illa ao norte de Gran Bretaña | |
Situación | |
País | Escocia, Reino Unido |
Arquipélago | Illas Shetland |
Coordenadas | 60°19′N 1°16′O / 60.317, -1.267Coordenadas: 60°19′N 1°16′O / 60.317, -1.267 |
Xeografía | |
Xeoloxía | Illa continental |
Superficie | 968´79 km² |
Longura máxima | 76 km. |
Largura máxima | 28 km. |
Punto máis alto | 450 m. Ronas Hill |
Demografía | |
Capital | Lerwick |
Poboación | 18.765 (2011) |
Densidade | 19´41 hab./km² |
Mainland é a illa principal das Illas Shetland, en Escocia. A illa contén o único burgh, Lerwick, das Shetland, e é o centro do transbordador das Shetland e as conexións aéreas.
Ten unha superficie de 970 km², o que a converte na terceira illa escocesa máis grande e a quinta máis grande das Illas Británicas logo de Gran Bretaña, Irlanda, Lewis e Harris e Skye.
Mainland pode ser dividida en catro seccións.
Esta illa é a segunda máis poboada das illas de Escocia, e tiña 18.765 residentes en 2011[2] comparado cos 17.550 en 2001.[3]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mainland, Shetland |