¯ |
---|
Macron |
Diacríticos do alfabeto latino |
acentos |
Signos ortográficos empregados como diacríticos |
apóstrofo ( ’ ) |
Diacríticos de alfabetos non latinos |
Diacríticos do alfabeto árabe |
O macron ( ¯ ) é un sinal diacrítico que se coloca sobre unha vogal ou en ocasións sobre ou baixo unha consoante. O seu nome procede do grego makron, forma neutra de makros (longo).[1] O signo oposto é o breve ( ˘ ).
Na métrica grecolatina e en descricións da métrica doutras literaturas o macron emprégase para indicar a sílaba tónica.
En Matemáticas o macron (ou en ocasións o trazo alto) emprégase con distintos significados:
Algunhas linguas empregan un símbolo análogo ao macron, pero situado por baixo da letra. Este símbolo diferénciase do trazo baixo en que este último se converte nunha liña se hai varios seguidos: a̱ḇc̱ (macron inferior), pero a̲b̲c̲ (trazo baixo).