Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Portugal | ||||
Distritos | Distrito de Braganza | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 15.776 (2011) (22,56 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 699,14 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Día festivo | |||||
Santo padrón | Pedro | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 5340 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 278 | ||||
Páxina web | cm-mcavaleiros.pt |
Macedo de Cavaleiros é unha cidade portuguesa, pertencente ao distrito de Braganza, rexión Norte e subrexión do Terras de Tras os Montes (na antiga provincia de Tras os Montes e Alto Douro), que no ano 2011 tiña 6 257 habitantes.[1]
É sede dun municipio de 699,14 km² de superficie,[2] e 15 776 habitantes en 2011.[1]
Está subdividido en 30 freguesías.[3]
O municipio limita ao norte co municipio de Vinhais, ao nordeste polo de Braganza, ao leste polo de Vimioso, ao sueste polo de Mogadouro, ao sur polo de Alfândega da Fé e ao oeste polo de Mirandela.
Número de habitantes [4] | ||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1864 | 1878 | 1890 | 1900 | 1911 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 2001 | 2011 |
16 653 | 17 901 | 18 825 | 19 200 | 20 917 | 18 376 | 19 781 | 22 765 | 25 204 | 26 199 | 22 173 | 21 608 | 18 930 | 17 449 | 15 776 |
Número de habitantes por grupos de idade [5] | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1900 | 1911 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 2001 | 2011 | |
0-14 Anos | 6 178 | 7 495 | 6 309 | 6 875 | 8 064 | 8 567 | 9 145 | 7 345 | 6 118 | 4 008 | 2 512 | 1 848 |
15-24 Anos | 3 597 | 3 338 | 3 184 | 3 574 | 3 927 | 4 603 | 4 486 | 3 620 | 3 898 | 3 176 | 2 467 | 1 561 |
25-64 Anos | 8 625 | 8 912 | 7 695 | 8 038 | 9 257 | 10 335 | 10 876 | 9 095 | 8 860 | 8 715 | 8 557 | 7 932 |
= ou > 65 Anos | 880 | 1 152 | 1 077 | 1 322 | 1 456 | 1 614 | 1 692 | 2 165 | 2 732 | 3 031 | 3 913 | 4 435 |
> Id. descoñ. | 4 | 94 | 122 | 28 | 52 |
|
O concello de Macedo de Cavaleiros está dividido nas seguintes 30 freguesías:
O concello está situado no centro do nordeste transmontano. Neste lugar destacan dous accidentes xeográficos importantes, a serra de Bornes, no extremo suroeste, e a serra da Nogueira ao norte do concello.
Atravesan o seu territorio dous ríos importantes, o río Sabor, ao sueste, e o río Azibo.
No concello de Macedo de Cavaleiros está unha das formacións xeolóxicas máis importantes de Portugal, o macizo de Morais.
O municipio forma parte da Rexión de Turismo do Nordeste Transmontano.
Desde 2014 está declarado o Xeoparque Terras de Cavaleiros, cun importante patrimonio xeolóxico, recoñecido pola UNESCO e pertencente á Rede Europea de Xeoparques.
Posúe unha gran variedade de museos:
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Macedo de Cavaleiros |