Parella de luvas, 1603-1625 V&A Museum no.1506&A-1882

Unha luva é unha peza de vestiario para cubrir a man. Polo xeral, as luvas cobren cada dedo por sepado. Hai dous tipos peculiares de luva:

Os materiais de confección varían segundo a función e poden incluír algodón, la, pel ou látex, entre outros.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O substantivo luva deriva do termo da lingua gótica lofa que significaba 'palma da man'.[1]

Historia

[editar | editar a fonte]

As referencies escritas das luvas datan da Grecia antiga, onde eran vestidas para protexer as mans na navegación e na guerra.[2] Igualmente, os pobos xermánicos aparecen retratados con luvas para protexerse do frío.

Na Idade Media comezaron a asociarse coa elegancia e o luxo, xa que o portador podía levar teas caras e amosar pel sen marcas, a diferenza dos traballadores manuais de clase baixa. As mulleres incorporaron luvas máis afíns ós seus ornamentos cara ó século XIII,[3] os deseños complicáronse, e tamén se engadiron fíos de materiais preciosos e xoias, especialmente a realeza.

A finais da Idade Moderna nacen as luvas de traballo, como os de xardinaría, que continuaron usándose en ámbitos profesionais e deportivos.

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. "Luva". Portal das Palabras. Consultado o 10 de xaneiro do 2016. 
  2. The History of Herodotus by Herodotus, Volume VI, a classics.mit.edu
  3. "Gloves." Encyclopædia Britannica Eleventh Edition

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]