Lucia di Lammermoor Lucía de Lammermoor |
---|
|
Forma | Ópera |
---|
Actos e escenas | 3 actos e 7 escenas |
---|
Idioma orixinal do libreto | Italiano |
---|
Libretista | Salvatore Cammarano |
---|
Fontes literarias | The Bride of Lammermoor de Sir Walter Scott |
---|
Estrea | 26 de setembro de 1835 |
---|
Teatro da estrea | Teatro di San Carlo |
---|
Lugar da estrea | Nápoles |
---|
Duración | 2 horas 30 minutos[1] |
---|
Música |
---|
Compositor | Gaetano Donizetti |
---|
Personaxes |
---|
Lucía Ashton (soprano lixeira ou lírica) Alisa (mezzosoprano) Edgardo (tenor lírico) Enrico Ashton (barítono) Arturo de Bucklaw (tenor lírico ou lixeiro) Raimondo Bidebent (baixo) Normanno (tenor) Soldados, cazadores, nobres e xente de Lammermoor[2]
|
Lucia di Lammermoor (en galego, Lucía de Lammermoor) é unha ópera en tres actos con música de Gaetano Donizetti e libreto en italiano de Salvatore Cammarano, baseado na novela The Bride of Lammermoor de Sir Walter Scott.[3] Trátase dunha das principais óperas do belcanto e é, xunto con Don Pasquale e L'Elisir d'Amore, da ópera máis representada de Donizetti na actualidade.
A acción transcorre nas terras escocesas de Lammermoor a finais do século XVI, nun momento de crise política e relixiosa, e conta a historia do amor de Sir Edgardo de Ravenswood e Lucia, irmá de Lord Enrico Asthon, que pactou a voda da moza cun nobre rico. Aproveitando a ausencia do namorado, e por medio dunha proba de infidelidade, Lord Enrico consegue que se celebre a voda, xusto no momento en que volta Sir Edgardo. Nun acto de tolemia, Lucia apuñala o seu home na cama nupcial.
Personaxe
|
Tesitura
|
Intérpretes na estrea, 26 de setembro de 1835 (Director: – )
|
Lucia
|
soprano de coloratura
|
Fanny Tacchinardi Persiani
|
Lord Enrico Ashton, Señor de Lammermoor; irmán de Lucia
|
barítono
|
Domenico Cosselli
|
Sir Edgardo de Ravenswood
|
tenor
|
Gilbert Louis Duprez
|
Lord Arturo Bucklaw, noivo de Lucia
|
tenor
|
Balestrieri
|
Raimondo Bidebent, un capelán calvinista
|
baixo
|
Carlo Ottolini Porto
|
Alisa, doncela de Lucia
|
mezzosoprano
|
Teresa Zappucci
|
Normanno, cazador; un criado de Enrico
|
tenor
|
Anafesto Rossi
|
Criados e serventes, convidados á voda
|
- ↑ Riding, Alan; Dunton-Downer, Leslie (2008). Guías visuales Espasa: Ópera (en castelán) (1.ª ed.). Espasa Calpe, S.A. pp. 154–155. ISBN 978-84-670-2605-4.
- ↑ José María Martín Triana: El libro de la ópera, segunda reimpresión en "El libro de bolsillo", 1992, Alianza Editorial, ISBN 84-206-0284-1.
- ↑ A trama da novela orixinal está baseada nun incidente real que tivo lugar en 1669 na zona das colinas Lammermuir das Terras Baixas Escocesas. A familia verdadeiramente implicada foron os Dalrymple.
Mentres que o libreto conserva a intriga básica de Scott, tamén contén trocos moi importantes no que se refire ás personaxes e aos acontecementos. Na novela de Scott, é súa nai, Lady Ashton, e non Enrico, quen é a vilana e malvada perpetradora de toda a intriga. Tamén, Laird of Bucklaw foi só ferido por Lucia logo da súa desafortunada vida, e máis tarde se recuperou, marchou ao estranxeiro e sobreviviunos a todos. Na ópera, o descenso de Lucia á tolemia é máis rápida, dramática e moi espectacular, mentres que no libro é un pouco máis misteriosa e ambigua. Tamén, na novela, a última charla de Edgardo e Lucia, e a súa despedida (supervisada pola súa nai) é moito menos melodramática e máis calmada, aínda que o efecto final é igualmente devastador para ambos. Ao final da novela, o Señor de Ravenswood desaparece (o seu corpo nunca se atopa) e é presumiblemente morto de algún xeito nun accidente camiño do seu duelo co irmán maior de Lucia; polo tanto, non comete un suicidio espectacular de estilo operístico cun stiletto ao coñecer a morte de Lucia.
|
---|
Il Pigmalione (1816) • Enrico di Borgogna (1818) • Pietro il grande (1819) • Zoraida di Granata (1822) • La zingara (1822) • Alfredo il grande (1823) • L'ajo nell'imbarazzo (1824) • Emilia di Liverpool (1824) • Alahor in Granata (1826) • Elvida (1826) • Gabriella di Vergy (1826) • Olivo e Pasquale (1827) • Otto mesi in due ore (1827) • L'esule di Roma (1828) • Alina, regina di Golconda (1828) • Gianni di Calais (1828) • Il castello di Kenilworth (1829) • Il diluvio universale (1830) • Imelda de' Lambertazzi (1830) • Anna Bolena (1830) • Le convenienze ed inconvenienze teatrali (1831) • Gianni di Parigi (1831) • Francesca di Foix (1831) • Fausta (1832) • Ugo, conte di Parigi (1832) • L'elisir d'amore (1832) • Sancia di Castiglia (1832) • Parisina d'Este (1833) • Torquato Tasso (1833) • Lucrezia Borgia (1833) • Rosmonda d'Inghilterra (1834) • Gemma di Vergy (1834) • Marino Faliero (1835) • Maria Stuarda (1835) • Lucia di Lammermoor (1835) • Belisario (1836) • Il campanello (1836) • Betly, o La capanna svizzera (1836) • L'assedio di Calais (1836) • Roberto Devereux (1837) • Maria de Rudenz (1838) • Poliuto (1838) • Pia de' Tolomei (1838) • Le duc d'Albe (1839) • La Fille du régiment (1840) • La favorite (1840) • Adelia (1841) • Rita (1841) • Maria Padilla (1841) • Linda di Chamounix (1842) • Don Pasquale (1843) • Maria di Rohan (1843) • Dom Sébastien (1843) • Caterina Cornaro (1844) | |