Luca Parmitano
Nome completoLuca Salvo Parmitano
Nacemento27 de setembro de 1976
Lugar de nacementoPaternò
NacionalidadeItalia
Alma máterUniversidade de Nápoles Federico II
Ocupaciónastronauta, aviador, radioamador e oficial da forza aérea
PremiosCommander of the Order of Merit of the Italian Republic e Medalha do Valor Aeronáutico
Na rede
Facebook: AstronautLucaParmitano Twitter: Astro_Luca LinkedIn: luca-parmitano-48b98750 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Luca Parmitano é un astronauta da Axencia Espacial Europea con misións na Estación Espacial Internacional. A súa segunda misión, de seis meses de duración, comezou en xullo de 2019.[1]

Biografía

Parmitano estudou no liceo científico "Galileo Galilei" de Catania ata o 1995, cunha estadía no cuarto ano nos EEUU, en California, cunha bolsa de estudos de Intercultura. Entrou na academia Aeronáutica de Pozzuoli do Exército do Aire de Italia no 1995. Licenciouse en Ciencia Política na Universidade de Nápoles Federico II no 1999.

Adestrou coa na Euro-Nato Joint Jet Pilot Training na Sheppard Air Force Base en Texas no 2001. tras realizar o adestramento como piloto, quedou asignado ó AMX co 13º Grupo no aeroporto de Amendola do 2001 ó 2007, realizando diversos cursos e obtendo cualificacións en varias especialidades, polo exército italiano ou en cursos coa OTAN.

Casou e ten dúas fillas.[2]

No 2017 adicóuselle o asteroide 37627 Lucaparmitano.[3]

Notas

  1. esa. "Week in images". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-10-11. 
  2. Caprara, Giovanni (2013-05-28). "Luca Parmitano in partenza per la Iss I suggerimenti del collega Nespoli". Corriere della Sera (en italiano). Consultado o 2020-12-26. 
  3. http://www.minorplanetcenter.net/iau/ECS/MPCArchive/2017/MPC_20171005.pdf

Véxase tamén

Ligazóns externas


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.