Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | ||||
Provincia | provincia de Valencia | ||||
Capital | Chelva | ||||
Contén a división administrativa | Alcublas Alpuente (pt) Andilla (pt) Aras de los Olmos (pt) Benagéber (pt) Bugarra (pt) Calles (pt) Chelva Chulilla (pt) Domeño (pt) Gestalgar (pt) Higueruelas (pt) La Yesa (pt) Losa del Obispo (pt) Pedralba (pt) Sot de Chera (pt) Titaguas (pt) Tuéjar Villar del Arzobispo | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 16.604 (2022) (12,22 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua castelá (lingua predominante) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 1.358,7 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Los Serranos ou Serrans é unha comarca da Comunidade Valenciana situada no interior da provincia de Valencia. Tamén recibe os nomes de A Serra ou de Alto Turia. Comprende o curso alto do río Turia e territorios adxacentes.
É unha zona con baixa densidade demográfica, e a súa capital tradicional é Chelva, mentres que o municipio máis poboado é Villar del Arzobispo.
A comarca limita ao leste coa comarca do Camp de Túria, ao sur coas comarcas de Plana d'Utiel e a Foia de Bunyol, ao oeste coa provincia de Cuenca (Castela A Mancha, e ao norte coas comarcas do Alt Palància e a provincia de Teruel (Aragón).
Serrans é unha unidade xeográfica limitada polas montañas antilicinales de orientación ibérica (NO-SL) de Xavalambre polo norte e Serra do Negret polo sur. Entre estas atópase a conca do río Turia, que se atopa encaixado entre gargantas de até 200 metros de alzada.
Municipio | Poboación | Extensión | Densidade |
---|---|---|---|
Alcublas | 829 | 43,50 | 19,05 |
Alpuente | 828 | 138,30 | 5,98 |
Andilla | 325 | 142,80 | |
Aras de los Olmos | 393 | 76,00 | 5,17 |
Benagéver | 159 | 69,80 | |
Bugarra | 826 | 40,30 | 20,49 |
Calles | 449 | 64,50 | 6,96 |
Domeño | 688 | 68,80 | 10,00 |
Gestalgar | 761 | 69,70 | 10,91 |
Higueruelas | 531 | 18,80 | 28,24 |
Massalfassar | 1.880 | 2,50 | 752 |
La Yesa | 264 | 84,70 | 3,11 |
Losa del Obispo | 523 | 12,20 | 42,86 |
Pedralba | 2.637 | 58,90 | 44,77 |
Sot de Chera | 428 | 38,80 | 11,03 |
Titaguas | 541 | 63,20 | 8,56 |
Tuéjar | 1.300 | 121,90 | 10,66 |
Villar del Arzobispo | 3.828 | 40,70 | 94,05 |
Totais: | 17.936 | 1.405,30 | 12,76 |
A lingua propia dos seus habitantes é o castelán aragonés (pois pertence ao grupo de comarcas valencianas que trala Reconquista foron repoboadas con aragoneses) e a variedade dialectal da zona é coñecida popularmente como xurro, (do mesmo xeito que no resto de comarcas próximas castelán-falantes como o Alt Palància, Alt Millars ou o Rincón de Ademuz).
Serrans ou (A Serra) é unha comarca histórica que xa aparecía baixo o nome de Serrania de Xelva no mapa de comarcas de Emili Beüt "Comarques naturals del Regne de València" publicado no ano 1934. As únicas diferenzas respecto diso, é que os municipios de Chera e Sinarcas, actualmente atópanse encadrados dentro da veciña comarca da Plana d'Utiel e agora do Camp de Túria.