A literatura grega é aquela que foi escrita por autores autóctonos de Grecia e áreas xeográficas de influencia grega. Estas obras están frecuentemente compostas nalgún dos dialectos gregos, pero non necesariamente. Esténdese ao longo de todos os períodos históricos nos que existiron escritores gregos.
No século -V, era clásica, xorde o drama a partir dos misterios dionisíacos. Dos centenares de traxedias escritas e interpretadas durante a época clásica, só sobreviviu un número limitado de obras:
Esquilo (-525--456), considerado creador da traxedia. Obras: Os persas, Os sete contra Tebas, As suplicantes e a triloxía A Orestíada (Agamenón, As Coéforas, As Euménides).
Sófocles (-495--406), limitou o coro, aumentou a tres os actores, co que deu maiores posibilidades ao diálogo. Consérvanse sete traxedias completas: Antígona, Edipo Rei, Áiax, As Traquinias, Filoctetes, Edipo en Colono e Electra.
Eurípides (-485--406). Gran penetración psicolóxica dos personaxes. Obras: Alcestis, Medea, Heraclidas, Hipólito, Andrómaca, Hécuba, Suplicantes, Electra, Heracles, Troianas, Ifixenia en Táuride, Ión, Helena, Fenicias, Orestes, As Bacantes e Ifixenia en Áulide.
Igualmente, a Comedia antiga xurdiu do culto a Dioniso, pero neste caso as obras estaban cheas dunha franca obscenidade, abusos e inxurias. Autor destacado foi:
Aristófanes (-444--385). Aristócrata, ataca a charlatanería, tanto filosófica como política. Os cabaleiros, As nubes (contra os filósofos), As avespas, As aves, Lisístrata (contra a guerra), As ras, A asemblea das mulleres.
Un terceiro historiador, Xenofonte (-431 - -354 ), comezou as súas Helénicas onde Tucídides cesara a súa narración da guerra do Peloponeso (ao redor do -411), e proseguiu a historia ata o -362. Outras obras súas son Apoloxía de Sócrates e Ciropedia ou Educación de Ciro. A súa obra máis coñecida é a Anábase: Xenofonte acompañou cun exército mercenario ao príncipe persaCiro o Mozo contra Artaxerxes II. Trala derrota de Cunaxa, dirixiu a retirada dos Dez Mil.
Esquines (-389 - -314). Apoiou a alianza de Atenas con Filipo II de Macedonia para crear un imperio grego contra os persas. Rival de Demóstenes. Contra Ctesifonte, Contra Timarco, Da embaixada.
Demóstenes (-384--322) Inimigo de Filipo II de Macedonia, contra el dirixiu as súas Olínticas e Filípicas. Cando o xeneral macedonio Antípatro tomou Atenas, fuxiu á illa de Calauria, onde se suicidou.
Helenismo
Artigo principal: Literatura helenística.
En -338 todas as cidades estado gregas, non sendo Esparta, foran conquistadas por Filipo II de Macedonia. O fillo de Filipo, Alexandre Magno, estendeu enormemente o territorio conquistado polo seu pai. A cidade de Alexandría no norte de Exipto converteuse, desde o século -III, no centro destacado da cultura grega.
Luciano (125-181) representa o diálogo de carácter satírico. Diálogos dos deuses, Diálogos dos mortos, Diálogos das cortesás. Conto: O asno.
Unha das máis valiosas contribucións do período helenístico foi a tradución do Antigo Testamento ao grego. A súa redacción levouse a cabo entre os anos -250 e -150, en Alexandría. Chámana Septuaginta. Este nome de Setenta débese a que a tradición xudía, recollida atribúea a súa tradución a 72 sabios xudeus (seis de cada tribo) en 72 días.
A literatura bizantina é a escrita en grego medieval, durante a hexemonía do Imperio bizantino. É expresión da vida intelectual da parte helenizada do Imperio romano de Oriente durante a Idade Media cristiá. Combina civilización grega e cristiá sobre o fundamento común o sistema político romano, situado na atmosfera intelectual e etnográfica do Oriente Próximo.
A literatura bizantina parte de catro elementos culturais distintos: o grego, o cristián, o romano e o oriental, cuxo carácter combinar. A imaxinación oriental envolve as achegas da cultura intelectual helenística, a organización gobernamental romana e a vida emocional do cristianismo.
Vitsentzos Kornaros (ou Vincenzo Cornaro, 1553-1613). Escribiu o poema épico romántico Erotókritos, obra mestra deste período, e quizais o maior logro da literatura grega moderna.
Jean Moréas (1856-1910). Pseudónimo de Jannis Papadiamantopoulos. Poeta francés de orixe grega. Simbolista primeiro, evolucionou cara a unha actitude máis clásica. Estancias.
Odysseas Elytis (1911-1996). Pseudónimo de Odysseas Alepoudelis. Poeta. O sol primeiro, Dignum est, O Sol soberano. Premio Nobel de Literatura en 1979.
Kikí Dimulá (1931-2020). Poetisa grega, considerada unha das meirandes voces da literatura contemporánea do seu país, traducida a varias linguas.
Nicos Poulantzas (1936-1979). Clases sociais e alianzas polo poder, A Crise das ditaduras: Portugal, Grecia, España; Estado, poder e socialismo.
Petros Márkaris (1937 - ). É un tradutor, dramaturgo, guionista e narrador grego, coñecido ante todo polas súas novelas policiacas protagonizadas polo comisario Kostas Charitos.
Véxase tamén
Bibliografía
Bowra, C. M. (2007). Introducción a la literatura griega. Traducción a cargo de Luis Gil Fernández. Madrid: Editorial Gredos. ISBN 978-84-249-2877-3.
Historia de la literatura clásica (Cambridge University). Madrid: Editorial Gredos.
P. E. Easterling y B. M. W. Knox (eds.) (1996). Literatura griega. Traducción Federico Zaragoza Alberich. ISBN 978-84-249-1421-9.
E. J. Kenney y W. V. Clausen (eds.) (1996). Literatura latina. Traducción Elena Bombín. ISBN 978-84-249-1402-8.
Lesky, Albin. Historia de la literatura griega. Madrid: Editorial Gredos.
Bergua, Juan B. La Grecia Clásica. Traducción, prólogo y notas por Juan Bautista Bergua, Clásicos Bergua. Madrid: Ediciones Ibéricas, La Crítica Literaria. ISBN 978-84-7083-059-4.