A ADN ligase I é un exemplo de ligase.

En bioquímica, unha ligase (do latín ligāre, unir, colar) é un encima que cataliza a unión de dúas moléculas grandes formando entre elas un novo enlace químico, xeralmente coa hidrólise simultánea dun grupo fosfato do ATP ou outro nucleósido, que cede a enerxía necesaria para que a reacción teña lugar. En xeral, unha ligase cataliza a seguinte reacción:

Ab + C → A–C + b

ou ás veces

Ab + cD → A–D + b + c

onde as letras en minúscula simbolizan os grupos químicos pequenos hidrolizados.

Nomenclatura

O nome común dos encimas deste tipo inclúe xeralmente a palabra ligase, por exemplo, ADN ligase. Outro nome común usado para as ligases é o de sintetases, porque se usan para sintetizar novas moléculas, ou carboxilases, se engaden CO2 á molécula formando un grupo carboxilo.

Antes na nomenclatura distinguíase entre sintetase e sintase. As sintases (que son liases) non gastaban enerxía do ATP ou doutro nucleósido similar para catalizar, mentres que as sintetases (que son ligases) si a gastaban.[1]

Clasificación

As ligases clasifícanse como EC 6 en canto ao seu número EC da clasificación dos encimas. Dentro das ligases distínguense seis subclases, que son:

Notas

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2012. Consultado o 27 de xuño de 2011. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas