Lev Poprad | |
---|---|
Fundación | 2010 (disolto e refundado en Praga en 2012) |
Cidade | Poprad, Prešov Eslovaquia |
Estadio | Poprad Ice Stadium (4.500 espectadores)[1] |
Liga | Kontinental Hockey League |
Conferencia | Oeste |
División | Bobrov |
Afiliado(s) | Tatranskí Vlci (MHL) HK Poprad (Extraliga Eslovaca) |
Cores | Laranxa, branco e negro |
Na rede | |
http://www.hclev.eu/ |
O Hockey Club Lev Poprad,[2] máis coñecido como Lev Poprad,[3] foi un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Poprad (Eslovaquia) que competiu na División Bobrov da Kontinental Hockey League (KHL) durante a tempada 2011-12, para posteriormente disolverse e refundarse en Praga (República Checa) como HC Lev Praha no 2012. O Lev Poprad xogaba os seus partidos como local no Zimný štadión mesta Poprad, un pavillón con capacidade para 4 500 persoas. Na única tempada que o equipo eslovaco xogou na KHL non conseguiu a clasificación para os play-offs, finalizando na última posición da súa división e 21º clasificado ao final da liga cun total de 54 puntos noutros tantos partidos.
O eslovaco Ľuboš Bartečko foi o capitán do equipo e o máximo puntuador do equipo, mentres que o checo Tomáš Netík foi o máximo goleador e o tamén eslovaco Juraj Mikúš foi o máximo asistente. O equipo estivo dirixido polo adestrador checo Radim Rulík. O Lev Poprad estaba integrado principalmente por xogadores checos e eslovacos.
O equipo era chamado orixinalmente Lev Hradec Králové e encontrábase na localidade de Hradec Králové, República Checa. Estivera interesado en participar na KHL na tempada 2010–11, para o que cumpriu tódalas condicións necesarias, se ben a Federación Checa de Hóckey sobre Xeo se negou a darlle permiso ao club.[4] Debido a isto, a directiva do Lev decidiu trasladar o equipo a Eslovaquia, co cal foi aceptado na liga na tempada 2010–11.[5] Porén, posteriormente a KHL excluíu o club para a tempada 2010–11 porque non formaba parte de ningunha federación nacional de hóckey sobre xeo.[6] Despois de moitos esforzos, incluída a adhesión a Federación Eslovaca de Hóckey sobre Xeo (SZĽH), o HC Lev foi admitido oficialmente na KHL en maio do 2011. Durante a tempada 2011–12, o equipo xogou na División Bobrov da KHL, mentres que o HK Poprad continuou competindo na Extraliga Eslovaca no mesmo estadio.[7]
Tan só dous meses despois de ser oficialmente admitido na KHL, o Lev anunciou a fichaxe dos seus cinco primeiros xogadores o 30 de xuño de 2011.[8] No equipo definitivo, a meirande parte dos xogadores eran eslovacos e checos. O adestrador xefe foi Radim Rulík e o capitán do equipo Ľuboš Bartečko. Estaba previsto que o Lev comezase a liga regular o 10 de setembro de 2011 cun partido na casa fronte ao Avangard Omsk,[9] pero debido ao accidente aéreo do Lokomotiv Yaroslavl, o inicio da liga atrasouse e o Lev xogou o seu primeiro partido o 12 de setembro fronte ao Metallurg Magnitogorsk, que finalizou coa derrota do equipo eslovaco 2-4, e no que Ľuboš Bartečko anotou o primeiro gol na historia do equipo no Zimný štadión de Poprad.[10][11][12]
Logo dun mal inicio no que o equipo eslovaco caeu no seu segundo partido na casa fronte ao Yugra Khanty-Mansiysk (1-3), e na súa visita ao SKA San Petersburgo (4-1), o Lev conseguiu o seu primeiro punto logo de perder nos shootouts na súa visita ao Atlant Moscow Oblast (4-3) o 21 de setembro logo de igualar o partido a tres goles no derradeiro terzo do encontro.[13]
O Lev tivo que agardar ata o seu sexto partido de liga para conseguir a súa primeira vitoria, cando logo dunha nova derrota en Moscova ante o CSKA Moscova (3-2), 26 de setembro no Arena Riga da capital letoa conseguiu bater o Dinamo Riga (0-2), anotados por Rastislav Špirko e Václav Nedorost, no partido no que o equipo eslovaco pechou a súa primeira xira fora da casa, na que xogou catro partidos consecutivos como visitante.[14][12] A esta primeira vitoria como visitante seguiulle a súa primeira vitoria como local no partido seguinte disputado catro días despois fronte o Dynamo Moscova (4-1).[15]
Con todo, o equipo non conseguiu completar unha boa tempada e ao final da liga regular, o Lev non logrou clasificarse para os playoffs, finalizando na sexta e última posición da División Bobrov e na 21º na clasificación xeral da liga, con 54 puntos en 54 partidos.[16] Ao longo da liga regular o Lev Poprad encadeou varias rachas negativas, sendo a máis longa a de sete derrotas consecutivas entre o 3 e o 17 de xaneiro de 2012, á que lle seguiu o mellor rexistro de vitorias consecutivas cun total de catro fronte a Neftekhimik Nizhnekamsk (3-1), CSKA Moscova (3-2), Dinamo Minsk (4-3), Vityaz Chekhov (3-0). O Lev finalizou a súa primeira e última participación na KHL o 26 de febreiro de 2012 en Moscova, onde caeu na súa visita o Dynamo Moscova (5-3), pechando unha nova racha de sete derrotas consecutivas.[12]
O máximo anotador do equipo foi Ľuboš Bartečko, con 30 puntos (16 goles e 14 asistencias).[17]
A finais da tempada 2011–12, un troco de propietarios provocou a especulación sobre o traslado do equipo a Praga, República Checa. En marzo de 2012, Federación Checa de Hóckey sobre Xeo (ČSLH) deu o permiso para que un equipo da KHL xogase na República Checa,[18] e a finais de abril, creouse un novo equipo co mesmo nome, HC Lev, mais cunha organización diferente, solicitou oficialmente o seu ingreso na KHL xogando en Praga.[19] O HC Lev de Poprad non regresou á KHL despois da tempada do seu debut na que, a pesar do seu limitado éxito, demostrou contar cunha sólida base social. Na seguinte tempada o Slovan Bratislava da capital eslovaca substituíu o equipo de Poprad como representante eslovaco na KHL.[20]
O Lev Poprad xogaba os seus partidos como local no Zimný štadión mesta Poprad, un pavillón con capacidade para 4 500 persoas.[21] O estadio comezou a construírse en 1970 e foi inaugurado en 1973. Remodelado entre 2006 e 2008, o tamaño da súa pista reduciuse a 56 x 26 metros. Amais de acoller os partidos como local do Lev Poprad na súa única tempada, tamén é o fogar do HK Poprad, e nel dispútase anualmente o prestixioso torneo amigable da Tatranský pohár.[22]
O equipo eslovaco rexistrou un bo rexistro de asistencia na tempada que disputou na Continental Hockey League, cunha media de 4 314 persoas, unha cifra moi próxima á súa capacidade máxima.[23]
O Lev Poprad contou cun equipo afiliado na súa curta historia, o Tatranski Vlici, con sede na cidade de Spišská Nová Ves. O Tatranski Vlci foi fundado ao mesmo tempo que o equipo de Poprad e competiu unha tempada na Molodezhnaya Hokkeinaya Liga (MHL),[24] unha liga júnior integrada por equipos afiliados a equipos da KHL e da Vysshaya Hokkeinaya Liga (VHL),[25] así como na Junior Club World Cup.[26] Na súa única participación na liga júnior rusa finalizou na 16ª última posición da conferencia oeste cun total de 56 puntos en 60 partidos disputados, e finalizando na 30ª e antepenúltima posición de entre todos os equipos da competición.[27][28]
Na única tempada do Lev Poprad xogaron co equipo eslovaco un total de 33 xogadores adestrados por Radim Rulik. Con todo, o á eslovaco Ladislav Nagy foi traspasado ao Dinamo Minsk logo de xogar 30 partidos co equipo de Poprad. A continuación móstranse os datos de todos os xogadores que formaron parte do equipo durante a tempada 2011-12:[29][30]
# | Nac | Xogador/a | Posición[a] | S/G[b] | Idade | Adquirido/a | Lugar de nacemento |
---|---|---|---|---|---|---|---|
23 | Ľuboš Bartečko (C) | LW | D | 35 | Kežmarok, Eslovaquia | ||
71 | Tomáš Netík | F | E | 29 | Praga, República Checa | ||
33 | Juraj Mikúš | C | D | 24 | Skalica, Eslovaquia | ||
13 | Václav Nedorost | C | D | 29 | České Budějovice, República Checa | ||
11 | Rastislav Špirko | RW | E | 27 | Martin, Eslovaquia | ||
17 | Ladislav Nagy | RW | E | 32 | Košice, Eslovaquia | ||
29 | Karel Pilař (A) | D | D | 33 | Praga, República Checa | ||
27 | Jaroslav Kristek | RW | E | 31 | Zlin, República Checa | ||
51 | Emil Lundberg | RW | E | 29 | Luleå, Suecia | ||
24 | Branislav Mezei | D | E | 30 | Nitra, Eslovaquia | ||
10 | Stepan Novotny | C/RW | D | 20 | Praga, República Checa | ||
9 | Jiří Hunkes | D | D | 27 | Brno, República Checa | ||
64 | Jiří Sekáč | RW | E | 19 | Kladno, República Checa | ||
12 | Karl Fabricius | RW | E | 28 | Boden, Suecia | ||
5 | Jonathan Sigalet | D | E | 25 | Vancouver, Canadá | ||
14 | Martin Chabada | LW | D | 34 | Kladno, República Checa | ||
21 | Rudolf Huna | RW | E | 31 | Liptovský Mikuláš, Eslovaquia | ||
25 | Grant Lewis | D | D | 26 | Pittsburgh, Estados Unidos | ||
77 | Martin Štrbák (A) | D | E | 36 | Prešov, Eslovaquia | ||
56 | Vladimír Mihálik | D | E | 24 | Prešov, Eslovaquia | ||
60 | Aleš Ježek | C | E | 21 | Tábor, República Checa | ||
72 | Stanislav Balán | C | E | 25 | Hodonín, República Checa | ||
- | Richard Mráz | LW | D | 18 | Nové Zámky, Eslovaquia | ||
26 | Dan DaSilva | RW | D | 26 | Saskatoon, Canadá | ||
- | Jakub Matai | F/D | E | 18 | Kadaň, República Checa | ||
30 | Tomáš Duba | G | E | 30 | Praga, República Checa | ||
- | Karol Csányi | LW | E | 20 | Komárno, Eslovaquiia | ||
16 | Peter Ölvecký | C | E | 25 | Nové Zámky, Eslovaquia | ||
- | Jaroslav Šaršok | D/F | D | 21 | Prachatice, República Checa | ||
88 | Bohumil Jank | D | E | 19 | Milevsko, República Checa | ||
22 | Tomáš Klouček | D | E | 31 | Praga, República Checa | ||
7 | Alexander Hellstrom | D | E | 24 | Falun, Suecia | ||
50 | Ján Laco | G | E | 29 | Liptovský Mikuláš, Eslovaquia |
Debido á súa curta traxectoria, o equipo só tivo un capitán, o eslovaco Ľuboš Bartečko, mentres que o seu compatriota Martin Štrbák e o checo Karel Pilař foron os capitáns alternos do equipo durante a súa única tempada.[31]
Esta sección presenta as estatísticas dos xogadores do Lev Poprad que lideraron ao equipo na súa única tempada de existencia. O xogador que máis partidos disputou co equipo de Poprad foi o sueco Emil Lundberg, con 54 partidos, mentres que o xogador con máis puntos foi o capitán do equipo, Ľuboš Bartečko, con 30 puntos. O máximo goleador foi o checo Tomáš Netík con 17 goles, e os xogadores con máis asistencias foron o eslovaco Juraj Mikúš e o checo Karel Pilař, ambos con 16 asistencias.[32]
Para os significados das abreviaturas véxase estatísticas do hóckey sobre xeo.
Lenda: Pos = Posición; PX = Partidos xogados; G = Goles; A = Asistencias; Pts = Puntos; P/G = Puntos por partido
Puntos | Goles | Asistencias | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
|
Na súa curta historia o Lev Poprad foi adestrado polo checo Radim Rulík, mentres que o ruso Vladimir Kapulovsky e o eslovaco Robert Pukalovic foron os seus asistentes no banco de Poprad.[30] Logo da desaparición do equipo eslovaco pasou a adestrar na seguinte tempada o HC Košice da Extraliga Eslovaca, mais acabaría sendo substituído por Milan Stas.[33]
Lenda: PX = Partidos xogados, V = Vitorias, VTE = Vitorias no Tempo Extra , SOW = Vitorias Penalty Shootout, SOL = Derrotas Penalty Shootout, D = Derrotas, GF = Goles a favor, GC = Goles en contra, Pts = Puntos
Season | PX | V | VTE | SOW | SOL | OTL | D | GF | GC | Pts | Clasificación | Playoffs |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2011–12 | 54 | 13 | 0 | 3 | 5 | 4 | 29 | 125 | 162 | 54 | 6º da División Bobrov (21º da liga) | non se clasificou |
Partido | Data | Detalles |
---|---|---|
Primeiro partido na KHL (na casa) | 12 de setembro de 2011 | 2–4 derrota fronte ao Metallurg Magnitogorsk |
Primeiro punto na KHL | 21 de setembro de 2011 | 3–4 SO derrota fronte ao Atlant Moscow Oblast |
Primeira vitoria na KHL | 26 de setembro de 2011 | 2–0 vitoria fornte ao Dinamo Riga |
Primeiro shutout na KHL | 26 de setembro de 2011 | 2–0 vitoria fronte ao Dinamo Riga |
Primeira vitoria na casa | 30 de setembro de 2011 | 4–1 vitoria fronte ao Dynamo Moscova |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lev Poprad |
Erro no código da cita: As etiquetas <ref>
existen para un grupo chamado "lower-alpha", pero non se atopou a etiqueta <references group="lower-alpha"/>
correspondente