(2022) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de outubro de 1981 (42 anos) Barcelona, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | directora de cinema , actriz de cinema , actriz de teatro , guionista , actriz |
Período de actividade | 2001 - |
Lingua | Lingua catalá e lingua castelá |
Premios | |
|
Leticia Dolera, nada en Barcelona o 23 de outubro de 1981, é unha actriz, guionista, directora de cine e escritora española.[1] Foi a gañadora do Festival de Series de Cannes en 2019 por Vida perfecta, da que foi actriz protagonista, creadora, directora e coguionista xunto a Manuel Burque, sendo a primeira española en obter este galardón por un audiovisual español.
É directora da longametraxe Requisitos para ser una persona normal —gañador de tres premios do Festival de Málaga en 2015 e tres nomeamentos nos Premios Goya en 2016—, das curtas "Lo siento, te quiero" —gañador no Fantastic Fest de 2010—, A ou B, Habitantes e Vuelta al mundo e das series de televisión Bloguera en construcción e Vida perfecta, gañadora do Festival de series de Cannes 2019 á mellor serie e á mellor interpretación feminina.
Na súa faceta de actriz, foi a protagonista de [•REC]³: Génesis, El espejo, Prime time, Wendy placa 20957, Kënu, Violet ou Que te juegas?. Participou en series de televisión como Al salir de clase, Hospital Central, Los Serrano, Guante blanco, El barco, Cites, Bajo sospecha; en miniseries como Actrices, Atlánticas; en telefilmes, tales como Presuntos Implicados, Cuatro estaciones; e en películas como El otro lado de la cama, Semen, una historia de amor, panish Movie, De tu ventana a la mía, Holmes & Watson. Madrid Days, Los últimos días, Kamikaze, La novia, ou Verónica.
A súa traxectoria internacional inclúe papeis en películas como a holandesa "La mujer del emperador" de Julien Vrebos, a británica Imagining Argentina de Christopher Hampton, a estadounidense Un café en cualquier esquina de Ramin Bahrani, a italiana Imago Mortis de Stefano Bessoni, a miniserie francesa Petits meurtres en famille, a serie británica Mad Dogs, ou a miniserie estadounidense The Nightmare Worlds of H.G. Wells.
Apoia a industria da curtametraxe intervindo en títulos como Fábrica de muñecas, Para no dormir, Cucharada, Luna di miele, luna di sangue VII, Indirizzo, 6 x persona, Hazte extranjero, Hogar, hogar ou El palo.
Naceu en Barcelona o 23 de outubro de 1981. Na súa formación destacan nomes como Eric Morris, con quen estudou interpretación en Los Ángeles, na escola de Juan Carlos Corazza e na de Nancy Tuñón. Tamén estudou canto con Susana Domènech, jazz con Karen Taft, danza clásica con Coco Comín e xogo e improvisación con Peter Gadish. Na actualidade reside en Madrid.
A súa traxectoria profesional comezou na serie Al salir de clase, na que interpretou o papel de Ángela entre 2000 e 2002. A partir de aí comezou a súa carreira cinematográfica na que destacan títulos como El otro lado de la cama (2002); Imagining Argentina (2002); Semen, una historia de amor (2005) ou Un café en cualquier esquina (2005), película estadounidense dirixida por Ramin Bahrani que tivo tres nomeamentos aos Independent Spirit Awards. Tamén continuou intervindo en series de televisión, entre elas Los Serrano, Hospital Central ou Guante blanco.
En 2015 escribiu, dirixiu e protagonizou a súa primeira película xunto ao actor e guionista Manuel Burque, titulada Requisitos para ser una persona normal. A película gañou no Festival de Málaga os premios a mellor guión novel, fotografía e montaxe.[2] Foi finalista dos premios Goya 2016 con tres nomeamentos: mellor actor revelación para Manuel Burque, mellor dirección novel para Dolera e mellor montaxe.[3]
En febreiro de 2018 publicou Morder la manzana. La revolución será feminista o no será. (editorial Planeta). É o libro -declara a autora- que a ela lle gustaría ler cando era adolescente. Trátase dun texto moi persoal onde, a través de vivencias persoais, reflexións e repaso da historia do feminismo, transmite a importancia de rebelarse contra o sistema patriarcal.[4][5]
En 2018 presentou na A Ser o programa Tramas Mestras, xunto a Pilar de Francisco e Henar Álvarez, dentro da programación estival da cadea do Grupo PRISA.[6] En setembro de 2018 foi a encargada de realizar o pregón das Festas da Mercè de Barcelona, cun discurso no que reivindicou valores como o respecto e a convivencia, defendeu unha visión feminista da cidade e reivindicou o teatro e o cine comprometido.[7][8] Dolera quixo compartir o pregón coa activista social de orixe hondureño, Carmen Juares, quen denunciou na súa intervención a explotación laboral que sofren as mulleres inmigrantes traballadoras do fogar e dos coidados.[9]
En outubro de 2019 estreouse en Movistar+ a serie Vida perfecta, protagonizada e dirixida por ela mesma.[10][11][12] Logrou dous premios en Canneseries en 2019, á mellor serie e á mellor interpretación feminina, que recaeu ex aequo nas tres protagonistas, Celia Freijeiro, Aixa Villagrán e a propia Dolera.[13][14]
Ano | Filme | Dirección |
---|---|---|
2019 | ¿Qué te juegas? | Inés de León |
2017 | Verónica | Paco Plaza |
2015 | La novia | Paula Ortiz |
Requisitos para ser una persona normal | Leticia Dolera | |
2013 | Kamikaze | Alex Pina |
Los últimos días | Alex e David Pastor | |
2012 | Holmes & Watson. Madrid Days | José Luis Garci |
REC 3: Génesis | Paco Plaza | |
De tu ventana a la mía | Paula Ortiz | |
2011 | Kenü | Arancha Álvarez |
2009 | Spanish Movie | Javier Ruiz Caldera |
Wendy placa 20957 | Mireia Ros | |
2008 | Prime Time | Luis Calvo Ramos |
Imago Mortis | Stefano Bessoni | |
2007 | Presumptes implicats | Enric Folch |
2005 | Un café en cualquier esquina | Ramin Bahrani |
Semen, una historia de amor | Daniela Fejerman e Inés París | |
2003 | Imagining Argentina | Christopher Hampton |
The Emperor's Wife | Julien Vrebos | |
Besos de gato | Rafael Alcázar | |
2002 | El otro lado de la cama | Emilio Martínez Lázaro |
2001 | Bellas Durmientes | Eloy Lozano |
Ano | Serie | Canle | Papel | Notas |
---|---|---|---|---|
2000 - 2002 | Al salir de clase | Telecinco | Ángela Illera | 389 episodios |
2002 | El comisario | Telecinco | Inés | 2 episodios |
2004 | Hospital Central | Telecinco | Miriam Canalda | 7 episodios |
2005 | Los Serrano | Telecinco | Ruth Castell Capdevila | 11 episodios |
2006 | Petits meurtres en famille | France 2 | Victoria/ Inès | 4 episodios |
2007 | Presumptes implicats | TV3 | Estefanía | Telefilm |
Mà morta truca a la porta | TV3 | Pili | Telefilm | |
2008 | El espejo | TV3 / TVG | Sonia | Telefilm |
Guante blanco | La 1 | Rebeca Mendoza | 8 episodios | |
2009 | Wendy placa 20957 | TV3 | Wendy | Telefilm |
2010 | Cuatro estaciones | Canal Nou / TV3 / CMM | Mariona | Telefilm |
2012 - 2013 | Mad Dogs | Sky 1 | Carmen | 6 episodios |
2013 | Inquilinos | YouTube | Leocracia | 1 episodio |
El barco | Antena 3 | Marimar | 3 episodios | |
Bloguera en construcción | Flooxer | Natalia | 8 episodios | |
2014 | Penny Dreadful | Showtime | Dama na sesión de espiritismo | 1 episodio |
2015 | The Trials of Jimmy Rose | ITV | María Rose | 3 episodios |
Cites | TV3 | Anna | 1 episodio | |
2016 | Bajo sospecha | Antena 3 | Catherine Le Monnier | 5 episodios |
The Nightmare Worlds of H. G. Wells | Sky Arts | St Catherine | 1 episodio | |
2017 | Las Supernenas | Boing | Cristal (Voz) | 7 episodios |
2018 | Paquita Salas | Netflix | Ela mesma | 1 episodio |
2019 - presente | Vida perfecta | #0 | María Aguado, tamén creadora e directora | 14 episodios |
2020 | La casa de las flores | Netflix | Testemuña de voda | 1 episodio |
En casa | HBO España | 1 episodio |
Obra |
---|
Las alegres comadres de Windsor |
Curtametraxe |
---|
Luna de miele, Luna di sangue VII de Paco Plaza (2010)[15] |
Cucharada de Alejandro Marzoa (2010) |
La amenaza del fantasma |
Pum pum, ¿quién es? |
Habitaciones separadas |
La bufanda verde |
3X2 (directora) |
Habitantes (directora) |
Lo siento, te quiero (directora) |
A o B (directora) |
Keane - Disconnected (video oficial) de J. A. Bayona e Sergio G. Sánchez (2012) |
Ano | Canción | Artista |
---|---|---|
2016 | Tejados de amor[16] | Ultraplayback |
Premios Sant Jordi[17]
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2012 | Mellor actriz española | REC 3: Génesis De tu ventana a la mía |
Gañadora |
Premios Turia
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2013 | Mellor actriz | REC 3: Génesis | Gañadora |
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2015 | Mellor guionista novel | Requisitos para ser una persona normal | Gañadora |
Ano | Premio | Resultado |
---|---|---|
2017 | Premio Ciudad de Huesca | Gañadora |
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2016 | Mellor directora novel | Requisitos para ser una persona normal | Candidata |
Círculo de Escritores Cinematográficos[19]
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2015 | Mellor director revelación | Requisitos para ser una persona normal | Candidata |
Unión de Actores
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2014 | Mellor actriz | Violet | Candidata |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Leticia Dolera |