Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de novembro de 1960 (63 anos) Suresnes, Francia |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francia |
Altura | 1,6 m |
Actividade | |
Lugar de traballo | Francia |
Ocupación | guionista , actor de cinema , crítico de cinema , realizador |
Período de actividade | 1984 - |
Empregador | Cahiers du cinéma |
Profesores | Serge Daney (pt) |
Influencias | |
Lingua | Lingua francesa |
Familia | |
Cónxuxe | Yekaterina Golubeva (–2011) |
Parella | Juliette Binoche |
Fillos | Nastya Golubeva Carax () Yekaterina Golubeva (en) |
Premios
| |
|
Alex Christophe Dupont,[1][2] nado en Suresnes (Altos do Sena) o 22 de novembro de 1960 é un director de cinema, guionista e crítico francés, coñecido como Leos Carax ([leɔs karaks]). O seu nome profesional é un anagrama do seu nome real, 'Alex', e de 'Oscar'.
Leos Carax naceu nos suburbios de París,[1] fillo de pai francés e nai estadounidense.
Comezou a súa carreira cinematográfica cunha serie de curtametraxes e como crítico, antes de estrear Boy Meets Girl (1984). Este traballo estableceu a reputación de Carax co seu estilo visual. Supuxo ademais a primeira colaboración co actor Denis Lavant e co director de fotografía Jean-Yves Escoffier. Seguiu a continuación Mauvais Sang (1986) que continuou a explorar as complexidades do amor nos tempos modernos a través dun punto de vista máis escuro e criminal. O filme é unha clara homenaxe á Nouvelle Vague e o uso de actrices como Juliette Binoche foi unha proba do tributo ás súas influencias, especialmente Jean-Luc Godard.
Cinco anos despois dirixiu Les Amants du Pont-Neuf, que se converteu nunha cara obra cando as autoridades parisienses só aceptaron unha rodaxe de dez días na Pont Neuf. A reacción aos problemas de filmar nunha ponte pública levaron a construír un modelo da ponte no sur de Francia. Porén, o primeiro día de rodaxe Denis Lavant feriuse gravemente no polgar e houbo que atrasar a filmación un mes. As dificultades financeiras prolongaron aínda máis o tempo. O filme foi un éxito de crítica e abriu a porta a facer un traballo máis experimental na súa cuarta longametraxe, Pola X, adaptación dun conto sobre o incesto de Herman Melville.
Volveu ao cinema en 2012 con Holy Motors[3] de novo con Denis Lavant.