Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de novembro de 1894 Tui, España |
Morte | 13 de xuño de 1933 (38 anos) Madrid, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xurista , escritor , autor |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Fillos | Leopoldo Calvo Sotelo Bustelo |
Pais | Pedro Calvo Camina e Elisa Sotelo Lafuente |
Irmáns | José Calvo Sotelo, Joaquín Calvo Sotelo, Luis Calvo Sotelo (pt) e María del Pilar Calvo Sotelo (pt) |
Leopoldo Calvo Sotelo, nado en Tui o 15 de novembro de 1894 e finado en Madrid o 13 de xuño de 1933, foi un xurista e escritor galego.
Fillo de Pedro Calvo Camina e irmán de José e Joaquín Calvo Sotelo. Foi oficial maior letrado do Consello de Estado, secretario xeral da Cámara do Libro e letrado da asesoría técnica do Consello do Traballo.
Casou en Madrid en setembro de 1923 con Mercedes Bustelo Vázquez, filla de Ramón Bustelo González,[1] e foi pai de Leopoldo Calvo-Sotelo Bustelo.