Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de maio de 1866 A Coruña, España |
Morte | 19 de decembro de 1947 (81 anos) Donostia, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , escritor |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Leopoldo Basa Villadefrancos, nado na Coruña o 29 de maio de 1866 e finado en Donostia o 19 de decembro de 1947, foi un xornalista e escritor galego.
Pasou a infancia, adolescencia e parte da mocidade na Coruña, onde estudou o Bacharelato e a carreira de Peritaxe Mercantil. Trasladouse a Madrid onde coñeceu a Miguel Cané, embaixador da República Arxentina en España, que lle recomendou a partida para ese país. En Bos Aires traballou como secretario da Inspección General de la Municipalidad e colaborou frecuentemente con medios de comunicación porteños como: El País, La Nación, Almanaque Gallego ou El Eco de Galicia. Entrou en contacto coa colonia galega e chegou a ler o discurso de apertura da velada literario-musical que se celebrou o 21 de novembro de 1908 a cargo do Orfeón Gallego para homenaxear a Manuel Curros Enríquez. Ademais da súa actividade profesional, tamén se dedicou á pintura e á crítica de arte. Regresou a España en 1910 e estableceuse en Donostia, cidade na que morreu en 1947.
Foi un polifacético escritor en castelán, pero en galego só publicou o relato "¿Fixo ben?" no Almanaque Gallego de 1900.