Leonardo Torres Quevedo
Retrato de Leonardo Torres Quevedo, 1921.
Datos persoais
Nacemento28 de decembro de 1852
LugarSanta Cruz de Iguña (Molledo, Cantabria)
Falecemento18 de decembro de 1936
LugarMadrid
NacionalidadeEspaña
CónxuxeLuz Polanco y Navarro
Actividade
CampoAeronáutica, automática, enxeñería e matemática
Alma máterEscola Oficial do Corpo de Enxeñeiros de Camiños]]
Contribucións e premios
Coñecido porSpanish Aerocar, telekino, máquinas de cálculo
PremiosMedalla Echegaray (1918)
editar datos en Wikidata ]

Leonardo Torres Quevedo, nado en Santa Cruz de Iguña, no concello de Molledo (Cantabria) o 28 de decembro de 1852 e finado en Madrid o 18 de decembro de 1936 foi un enxeñeiro de camiños, matemático e inventor español.

Traxectoria

Torres Quevedo era fillo de Luis Torres Vildósola y Urquijo, enxeñeiro de camiños en Bilbao, onde traballaba como enxeñeiro de ferrocarrís. A familia vivía entre Bilbao e a Montaña cántabra, onde estaba o soar materno. Durante a súa infancia pasou longas tempadas separado dos seus pais debido ás viaxes de traballo e foi coidado polas señoritas de Barrenechea, parentes do seu pai, que o declararon herdeiro dos seus bens, o que lle facilitou a súa futura independencia.

Estudou en Bilbao e París e en 1870 instalouse coa súa familia en Madrid onde iniciou os seus estudos superiores de enxeñería de camiños, que acabaría como cuarto da súa promoción. En 1873 parou os seus estudos para acudir como voluntario á defensa de Bilbao, que fora sitiada polas tropas carlistas durante a Terceira Guerra Carlista.

Comezou a traballar na mesma empresa que o seu pai, mais logo emprendeu unha viaxe por Europa para coñecer os avances científicos. Á volta instalouse en Santander, para pasar a Madrid en 1889.[1] A partir de 1895 presentou os seus primeiros traballos científicos, como "Memoria sobre las máquinas algébricas", "Sur les machines algébriques" (presentado nun congreso en Bordeos) e "Machines a calculer" (na Academia das Ciencias de París).[1]

En 1901 creouse o Laboratorio de Mecánica Aplicada, máis tarde de Automática, do que foi nomeado director. Ese mesmo ano ingresou na Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais de Madrid, da que sería presidente entre 1928 a 1934. En 1902, presentou unha memoria co anteproxecto dun globo dirixible e en 1903 a patente do telekino.

En 1912 creou o seu primeiro autómata xogador de xadrez e en 1916 inaugurouse o transbordador sobre o río Niágara. Torres Quevedo foi un gran partidario do esperanto.

Finou en Madrid en plena Guerra Civil.[2]

Obra

O Spanish Aerocar que atravesa as Cataratas do Niágara.

Notas

  1. 1,0 1,1 González Redondo, Francisco A.; González Redondo, Amor (1994). Actas del I Simposio «Leonardo Torres Quevedo: su vida, su tiempo, su obra». Amigos de la Cultura Científica. ISBN 84-87635-11-3. 
  2. "Obituario en el diario ABC de Sevilla". Diario ABC. 2 de xaneiro de 1937. Consultado o 16 de febreiro de 2012. 
  3. Montfort, Nick (2005). Twisty Little Passages: An Approach to Interactive Fiction (en inglés). MIT Press. ISBN 9780262633185. 
  4. Torres Quevedo, Leonardo (1914). "Ensayos sobre Automática. Su definición. Extensión teórica de sus aplicaciones". Revista de la Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales (XII): 391-419. 
  5. González Redondo, Francisco A. "Torres Quevedo, Leonardo (1852-1936)". Arquivado dende o orixinal o 28 de abril de 2015. Consultado o 24 de outubro de 2014. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas