Leona Woods
Nacemento9 de agosto de 1919
Lugar de nacementoLa Grange
Falecemento10 de novembro de 1986
Lugar de falecementoSanta Monica
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterLyons Township High School e Universidade de Chicago
Ocupacióncientífico nuclear, escritora, física, profesora universitaria e química
CónxuxeWillard Frank Libby
PremiosFellow of the American Physical Society
Na rede
WikiTree: Woods-12316
editar datos en Wikidata ]

Leona Harriet Woods, nada en LaGrange (Indiana) o 9 de agosto de 1919 e finada o 10 de novembro de 1986 en Santa Monica (California) coñecida posteriormente como Leona Woods Marshall, Leona Woods Marshall Libby e Leona Marshall Libby, foi unha física estadounidense que contribuíu na construción do primeiro reactor nuclear e a primeira bomba atómica durante o Proxecto Manhattan.[1]

Traxectoria

Con 23 anos de idade converteuse na persoa máis nova e na única muller en formar parte do equipo que construíu o primeiro reactor nuclear, o Chicago Pile-1, nun proxecto liderado polo seu mentor Enrico Fermi.[2] Woods tivo un papel significativo na construción e utilización de contadores Geiger para as análises dos experimentos.[3] Xunto co seu primeiro esposo John Marshall axudou a solucionar o problema do envelenamento por xenon na planta de produción de plutonio de Hanford, e supervisou a construción e operación dos reactores de produción de Hanford.

Trala guerra traballou no Institute for Advanced Study en Princeton, New Jersey, no Laboratorio Nacional de Brookhaven e na Universidade de Nova York. A súa investigación centrouse na física de alta enerxía, na astrofísica e na cosmoloxía. En 1966 divorciouse de Marshall e casou de novo co premio Nobel Willard Libby. Pasou a ser profesora na Universidade de Colorado e membro de RAND Corporation. Máis tarde, interesouse pola irradiación de alimentos como medio para eliminar bacterias. Ela propuxo que a froita afectada pola mosca da froita podería tratarse con raios gamma. Nos seus últimos anos de vida interesouse polos problemas ecolóxicos e ambientais, deseñando un método de uso de proporcións de isótopos en tres aneis para o estudo do cambio climático.

Foi unha autora prolífica, que publicou máis de 200 artigos científicos. Mentres estaba na Corporación RAND, escribiu un artigo sobre Creación dunha atmosfera na lúa (1969). Os seus traballos inclúen o autobiográfico The Uranium People (1979), unha historia da investigación atómica temperá.[4]

Notas

  1. "Manhattan Project Spotlight: Leona Marshall Libby". Atomic Heritage Foundation (en inglés). Consultado o 2021-05-06. 
  2. "Leona Woods, física". Mujeres con ciencia (en castelán). 2016-08-09. Consultado o 2021-05-06. 
  3. "Leona Woods". www.nndb.com. Consultado o 2021-05-06. 
  4. Libby, Leona Marshall, 1919- (1979). The uranium people. Crane, Russak. ISBN 0-8448-1300-1. OCLC 4665032

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas