O leite vexetal[1] é unha bebida que procede dunha fonte vexetal de aspecto e propiedades nutricionais semellantes ao do leite de orixe animal que se emprega como substituto deste en dietas especiais, especialmente vexetarianas e veganas.
Elabóranse con froitos secos, cereais e sementes de legumes, tendo un aspecto semellante ao do leite de orixe animal. A variedade máis popular é a bebida de soia. Hai diversas razóns para consumir "leite" de orixe vexetal, como: a intolerancia á lactosa, crenzas relixiosas, veganismo. A respecto das propiedades nutricionais hai desconformidade na comunidade científica en comparación co leite animal.