A Lei da Moeda de 1816 (Coinage Act 1816 —56 GEO. III C.68—)[1], coñecida tamén como Lei de Liverpool (Liverpool's Act),[2] foi aprobada polo Parlamento do Reino Unido o 22 de xuño de 1816 para definir o valor da libra esterlina naquel momento en relación co valor do ouro.
En virtude desta lei, definiuse unha libra troy de ouro estándar de 22 quilates como equivalente a 46 libras, 14 xilins e 6 peniques.[3] Isto era equivalente, pola súa vez, a 44½ guineas. tendo en conta que o valor da guinea quedou fixado, en decembro de 1717, nunha libra e un xilin.
Consonte o preámbulo da Lei da Moeda de 1816, os seus propósitos eran: