Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1635 Voivodato de Połock, Gran Ducado de Lituania |
Morte | 26 de outubro de 1693 (57/58 anos) Supraśl (pt) |
Lugar de sepultura | Polatsk (pt) |
Arcebispo católico | |
21 de maio de 1674 – ← Gabriel Kolenda | |
Arcebispo católico | |
21 de maio de 1674 – ← Gabriel Kolenda – Lev Zalenskyi → | |
Metropolitano de Kíiv | |
Polish elector (en) | |
Archbishop of Polotsk (en) | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Gran Ducado de Lituania República das Dúas Nacións |
Relixión | Igrexa católica e Metrópole de Kíiv, Galicia e toda Rusia |
Educación | Pontificio Colexio Grego de San Atanasio |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1671–), sacerdote católico (1663–) |
Consagración | Gabriel Kolenda |
Participou en | |
1674 | 1674 Polish–Lithuanian royal election (en) |
Familia | |
Familia | House of Żochowski (en) |
Kypriian Zhokhovskyi (en ucraíno: Кипріян Жоховський; en polaco: Cyprian Żochowski; en belaruso: Кіпрыян Жахоўскі, Kipryjan Žachoŭski), nado en 1635 no voivodato de Połock (Gran Ducado de Lituania) e finado o 26 de outubro de 1693, foi un eclesiástico grecocatólico ruteno, metropolita de Kíiv e Galicia e toda a Rus dende 1674 até a súa morte.
Kypriian Zhokhovskyi naceu en 1635 nunha familia nobre no voivodato de Połock. De mozo, entrou no mosteiro de Byceń (hoxe no distrito de Ivacevicki) da Orde de San Basilio Magno.[1] Aos 23 anos, marchou a estudar no Pontificio Colexio Grego de Roma, entre marzo de 1658 e agosto de 1664.[2] O 29 de abril de 1663 foi ordenado sacerdote na igrexa de Sant'Atanasio de Roma. Despois obter o doutoramento en Teoloxía e Metafísica, permaneceu en Roma exercendo o seu ministerio na igrexa dos Santi Sergio e Bacco, e como secretario do bispo de Chełm, Jakub Suša, quen viviu en Roma por algúns anos.[1]
O metropolita de Kíiv Havryil Kolenda escolleuno como bispo coadxutor con dereito de sucesión, e asignoulle a sé titular de Viciebsk e Mscislaŭ, e así foi confirmado polo rei Miguel I o 12 de novembro de 1670.[3] Recibiu a consagración episcopal de mans do mesmo Kolenda o 15 de marzo de 1671. Coa morte de Kolenda, o 11 de febreiro de 1674, Zhokhovskyi converteuse no novo metropolita de Kíiv.[1]
Como metropolita, convocou un sínodo en Lublin en 1680 xunto ao bispo de Chełm, para tratar de conciliar a ortodoxos e greco-católicos. Porén, o sínodo non chegou a celebrarse por mor da oposición do rei e do nuncio.
Respecto da orde basiliana, Zhokhovskyi renunciou en 1675 ao seu dereito ao goberno da orde, deixando ao Capítulo Xeral da mesma a potestade de elixir o seu proto-arquimandrita. Porén, anos máis tarde, quiso recuperar o control total sobre a orde, e tentou ser elixido proto-arquimandrita en 1683 e en 1684. Nas dúas ocasións os monxes se opuxeron e apelaron a Roma, quen apoiou a postura dos monxes, limitando claramente en agosto de 1686 o poder do metropolita na vida da orde.
Zhokhovskyi opúxose a calquera cambio de rito particular dos seus fieis, así como á latinización do rito bizantino[1] exercidas coa polonización do seu país: logo dunha petición de Zhokhovskyi, o papa confirmou a prohibición de calquera cerimonia litúrxica latinizada. A comezos da década de 1690 fundou unha imprenta en Supraśl, coa que rematou co influxo de libros litúrxicos de Moscova e combateu o proceso de latinización.[1]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kypriian Zhokhovskyi |
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Havryil Kolenda |
Metropolita de Kíiv, Galicia e toda a Rus 1674 - 1693 |
Sucesor: Lev Zalenskyi |
Arcebispos de Polack logo da Unión de Brest |
|
---|---|
Bispos auxiliares |
|
Administradores apostólicos |
|
Até o Gran Cisma | Miguel I (988 - 992) · Leoncio (992 - 1008) · Teofilacto (c. 1018) · Xoán I (1019 - 1035) · Teopempto (1035 - 1049) · Cirilo I (1049 - 1051) · Hilarión I (1051 - 1054) |
---|---|
Logo do Unión de Florencia | |
Metropolitas de Kíiv e Galicia logo da Unión de Brest | Miguel IV (1596 - 1599) · Hipacio (1600 - 1613) · Xosé IV (1613 - 1637) · Rafael (1637 - 1640) · Antón (1641 - 1655) · Gabriel (1665 - 1674) · Cibrán II (1674 - 1693) · León I (1694 - 1708) · Xurxo II (1708 - 1713) · León II (1714 - 1729) · Atanasio (1729 - 1746) · Floriano (1748 - 1762) · Filipe (1762 - 1778) · León III (1778 - 1779) · Xasón (1780 - 1786) · Teodosio (1787 - 1805) |
Metropolitas de Kíiv (1807 - 1838) | |
Metropolitas de Galicia | |
Arcebispos Maiores de Lviv | |
Arcebispos Maiores de Kíiv-Galicia |