Infotaula de personaKenneth H. Jackson
Biografía
Nacemento1 de novembro de 1909 Editar o valor em Wikidata
Croydon, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte20 de febreiro de 1991 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda (–1927)
Reino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónSt John's College (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónlingüista Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Harvard Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Kenneth Hurlstone Jackson, nado en Beddington (Surrey) o 1 de novembro de 1909 e morto o 20 de febreiro de 1991, foi un lingüista e tradutor inglés, especializado nas linguas célticas.

Deu demostrado que os contos do ciclo do Ulster, escritos contra o 1100 preservan unha tradición oral que se orixinou arredor de seis séculos antes e reflicten a sociedade céltica irlandesa dos séculos III e IV. A súa obra Celtic Miscellany é un libro de grande uso nos estudos célticos.

Casou con Janet Dall Galloway o 12 de agosto de 1936. Os seus dous nenos, Alaster e Stephenie, naceron nos Estados Unidos pero criáronse en Escocia. Cando se retirou, Jackson continuou a súa obra sobre toponimia e as linguas goidélicas. Porén sufriu un ataque en 1984 que fixo que reducise o seu traballo.

Publicouse un obituario en The Times o 8 de marzo de 1991 e en Nomina 15.

Traxectoria

Educación

Os primeiros estudos de Jackson foron na Hillcrest School, Wallington (1916-19), e logo na Whitgift Grammar School, Croydon, desde 1920 a 1928. Obtivo unha bolsa para o St John's College, Cambridge en 1928. Estudou con Hector e Nora Chadwick, converténdose en falante de seis linguas célticas con fluidez. En Cambridge estudou Clásicas e despois as culturas antigas das Illas Británicas. Concedéronlle unha bolsa de viaxe durante a cal emprendeu estudos e traballo de campo en Gales e Irlanda. Nos anos 50 pasou as súas vacacións gravando dialectos para a Linguistic Survey of Scotland.

Notas académicas

Jackson volveu a Cambridge en 1934 como lector de celta. En 1939 foise á Universidade Harvard onde se converteu en profesor asociado en 1940, sendo o primeiro catedrático do Departamento de Lingua e Literatura Céltica. Pasou o servizo militar na sección de Linguas Non Comúns da Censura Británica (onde dixo que aprendera xaponés en tres semanas). Posteriormente volveu a Harvard, e converteuse en profesor pleno en 1948. Aceptou a cátedra de Linguas Célticas, Historia e Antigüidades na Universidade de Edimburgo, Escocia (1950-1979).

Publicacións

Durante a súa estadía en Edimburgo Jackson publicou artigos e libros sobre os celtas antigos, e a Alta Idade Media e épocas posteriores, sobre cada unha das seis linguas célticas modernas, sobre folclore, topónimos e dialectos. Unha bibliografía das súas publicacións aparece en Studia Celtica 14/14, pp. 5–11 (1979-80). Citamos a continuación unha selección da súa obra:

Recoñecementos

Jackson foi membro da British Academy (elixido en 1957) e Comisionado para os monumentos antigos e históricos de Escocia. Obtivo graos honoríficos de universidades de Inglaterra, Gales, Irlanda e Bretaña. Concedéronlle a Orde do Imperio Británico, en calidade de Commander of the Order of the British Empire en 1985 polo seu labor nos estudos célticos. Foi membro honorífico da Modern Language Association. Foi membro do Council of the English Placename Society durante corenta anos, sendo tanto Vicepresidente como presidente con posterioridade.

En 1979 foi recoñecido co Premio Derek Allen, da Academia Británica.[1]

Notas

  1. "Derek Allen Prize". The British Academy.

Véxase tamén

Bibliografía