Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 8 de maio de 1990 (34 anos) Bronx, Nova York |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 1,85 m (6 ft 1 in) |
Peso oficial | 83 kg (184 lb) |
Posición | Base |
Información da carreira | |
Instituto | Rice (Nova York) |
Universidade | Connecticut (2008–2011) |
NBA Draft | 2011 / Rolda: 1 / Elección: 9 Por Charlotte Bobcats |
Carreira | 2011–2024 |
Historial de equipos | |
Charlotte Bobcats / Hornets (2011–2019) Boston Celtics (2019–2021) New York Knicks (2021–2022) Dallas Mavericks (2022–2023) AS Monaco (2023–2024) | |
Premios e galardóns | |
4× NBA All-Star (2017–2020) |
Kemba Hudley Walker, nado o 8 de maio de 1990 en Bronx, Nova York, é un ex-xogador estadounidense de baloncesto profesional.
O 23 de xuño de 2011, Walker foi elixido na 9ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Charlotte Bobcats.[1] O 11 de decembro de 2011, asinou o seu contrato coma rookie cos Bobcats,[2] e coa lesión do base D.J. Augustin, converteuse no seu base titular. O 28 de xaneiro de 2012, conseguiu a súa primeira tripla-dobre, con 20 puntos, 11 asistencias e 10 rebotes, uníndose a Boris Diaw e a Stephen Jackson coma os únicos en conseguir un na historia dos Bobcats.[3] Walker participou no Rising Stars Challenge de 2012 durante o All-Star Weekend da NBA.
O 6 de xullo de 2019, Walker asinou cos Boston Celtics.[4] O 18 de xuño de 2021, Walker foi traspasado xunto a unha elección da primeira rolda do Draft de 2021 e outra da segunda rolda de 2025 ós Oklahoma City Thunder, a cambio de Al Horford, Moses Brown e unha elección da segunda rolda do Draft de 2023.[5] Walker foi cortado polos Thunder o 6 de agosto de 2021.[6]
O 18 de xuño de 2021, Walker foi traspasado ós Oklahoma City Thunder xunto a unha elección da primeira rolda do Draft de 2021 e unha elección da segunda rolda do Draft de 2025, a cambio de Al Horford, Moses Brown e unha elección da segunda rolda do Draft de 2023.[7] O 6 de agosto de 2021, Walker foi cortado polos Thunder,[8] e cinco días máis tarde asinou cos New York Knicks.[9]
O 6 de xullo de 2022, Walker foi traspasado xunto a Jalen Duren ós Detroit Pistons a cambio de catro futuras eleccións da primeira rolda do Draft.[10] O 17 de outubro de 2022, foi cortado polos Pistons sen chegar a debutar en partido oficial.[11]