Infotaula de personaKatsuko Saruhashi

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ja) 猿橋 勝子 Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de marzo de 1920 Editar o valor em Wikidata
Toquio, Xapón Editar o valor em Wikidata
Morte29 de setembro de 2007 Editar o valor em Wikidata (87 anos)
Toquio, Xapón Editar o valor em Wikidata
Causa da mortepneumonía Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio do Xapón (–1947)
Xapón Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Toquio - química (–1957)
Toho University (en) Traducir (–1943) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoXeoquímica Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónquímica , xeóloga , xeoquímica Editar o valor em Wikidata
EmpregadorToho University (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Science Council of Japan (en) Traducir (1980–) Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: 猿橋-1


Katsuko Saruhashi Saruhashi Katsuko (猿橋 勝子?) nada en Toquio o 22 de marzo de 1920 e finada na mesma cidade o 29 de setembro de 2007 foi unha xeoquímica xaponesa que realizou algunhas das primeiras medicións dos niveis de dióxido de carbono (CO2) na auga do mar e ensinou a evidencia dos perigos da choiva radioactiva no mar e na atmosfera.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Saruhashi naceu en Toquio e graduouse no Colexio Imperial de Ciencia para Mulleres (predecesor da Universidade de Toho), en 1943. Posteriormente traballou no Instituto de Investigación Meteorolóxica que pertencía ao Observatorio Meteorolóxico Central (máis tarde Axencia Meteorolóxica do Xapón), e traballou no seu laboratorio xeoquímico con Yasuo Miyake, quen foi o seu mentor. En 1950 comezou a estudar os niveis de CO2 na auga do mar, a partir da recomendación de Miyake. Nesa época os niveis de CO2 non se consideraban importantes e Saruhashi tivo que desenvolver os seus propios métodos para realizar esas medicións.[1]

Obtivo o seu doutoramento en Química en 1957 na Universidade de Toquio, sendo a primeira muller en doutorarse nesa universidade.[2]

Resultados dos ensaios nucleares no atol de Bikini

[editar | editar a fonte]

Logo dos ensaios nucleares no atol de Bikini en 1954, o goberno do Xapón solicitoulle ao laboratorio xeoquímico que analizase e monitoreara a radioactividade na auga do mar e na auga da choiva. Un barco atuneiro xaponés atopouse exposto aos ensaios e os seus ocupantes terminaron enfermos. Saruhashi descubriu que logo dun ano e medio a radioactividade alcanzou ao Xapón na auga do mar.[Cómpre referencia]

Para 1964, os niveis de radioactividade mostraron que as augas occidentais e orientais do océano Pacífico norte mesturáranse completamente, e para 1969 os rastros de radioactividade esparexéranse por todo o océano. Tratouse da primeira investigación que demostrou como os efectos da choiva radioactiva poden dispersarse a través de todo o mundo.[Cómpre referencia] Máis tarde, nos anos 70 e 80, enfocouse no estudo da choiva aceda e os seus efectos.

Saruhashi morreu o 29 de setembro de 2007 de pneumonía, no seu fogar en Tokio. Tiña 87 anos de idade.

Premios e recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Saruhashi foi membro honorario da Sociedade Xeoquímica do Xapón e da Sociedade Oceanográfica do Xapón.[4]

Cita

[editar | editar a fonte]
Esta páxina ou sección está proposta para movela ás Galicitas. A razón é que o seu contido tan só é unha lista de citas. Se pensas que a páxina pode converterse nun artigo enciclopédico, por favor, faino e logo retira esta mensaxe. En caso contrario, podes axudar configurándoa segundo as regras da Galicitas antes de que se produza o traslado. Valora a posibilidade de solicitarlle a un administrador das Galicitas que importe esta páxina dende o proxecto irmán.
"Hai moitas mulleres que teñen a capacidade de ser grandes científicas. Gustaríame ver o día no que as mulleres poidan contribuír á ciencia e a tecnoloxía nun pé de igualdade cós homes".[5]

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. Yount, Lisa (1996). Twentieth Century Women Scientists (en inglés). Facts on File. p. 53. ISBN 0-8160-3173-8. 
  2. Yount, Lisa (2008). A to Z of women in science and math (en inglés). New York: Facts On File. pp. 263–264. ISBN 978-0-8160-6695-7. 
  3. Robertson, Jennifer, ed. (2008). A Companion to the Anthropology of Japan (en inglés). John Wiley & Sons. p. 477. ISBN 140514145X. 
  4. Yount, Lisa, p. 58, ISBN 0-8160-3173-8
  5. Yount, Lisa, p. 56, ISBN 0-8160-3173-8

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]