Julius Pokorny
Nacemento12 de xuño de 1887
Lugar de nacementoPraga
Falecemento8 de abril de 1970
Lugar de falecementoZürich
Causaatropelamento
NacionalidadeSuíza
Alma máterUniversidade de Viena
Ocupaciónlingüista e profesor universitario
editar datos en Wikidata ]

Julius Pokorny, nado en Praga o 12 de xuño de 1887 e finado en Zúric o 8 de abril de 1970, foi un filólogo checo, estudoso das linguas celtas, especialmente o irlandés, e un defensor do nacionalismo irlandés.

Traxectoria

Estudou na Universidade de Viena, onde tamén ensinou desde 1913 até 1920. De 1920 a 1935, ocupou a cátedra de Filoloxía Celta na Universidade Friedrich Wilhelm de Berlín, antes de que os nazis descubrisen que, a pesar de ser nacionalista alemán, era de ascendencia xudía.[1] Foi o editor da importante revista Zeitschrift für celtische Philologie antes da segunda guerra mundial e foi responsábel da súa reactivación despois.

Escapou a Suíza en 1943, onde ensinou durante uns anos na Universidade de Berna e na Universidade de Zúric até a súa xubilación en 1959. En 1954, recibiu o título honorario de cátedra na Universidade Ludwig Maximilian de Múnic, onde foi profesor a tempo parcial en 1956 e novamente desde 1960 até 1965.

É autor do Indogermanisches Etymologisches Wörterbuch (‘Dicionario Etimolóxico Indoeuropeo’, 1959) que aínda se utiliza amplamente hoxe en día.

Morreu en Zúric case tres semanas despois de ser atropelado por un tranvía, non moi lonxe da súa casa.

Obra

Notas

  1. "Julius Pokorny". Arquivado dende o orixinal o 19 de novembro de 2007. Consultado o 28 de maio de 2011. 

Véxase tamén

Outros artigos