Joy | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Joy |
Director | Sudabeh Mortezai |
Guión | Sudabeh Mortezai |
Intérpretes | Anwulika Alphonsus Mariam Sanusi Angela Ekeleme |
Distribuidora | Netflix |
Estrea | Festival de Venecia: 3 de setembro de 2018![]() |
Duración | 109 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Drama |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Joy é un filme austríaco de 2018 dirixido e escrito por Sudabeh Mortezai.
Foi escollido como candidato de Austria para o Óscar ó mellor filme internacional na 92ª edición dos premios.[1][2] Porén, o filme foi descualificado en novembro de 2019, xa que a Academia declarou que o filme contiña demasiado diálogo en inglés.[3] A descualificación foi rebatida polos cineastas, argumentando que cando o diálogo en pidgin nixeriano, que é inintelixible para falantes de inglés, é contado de xeito separado do diálogo en inglés, este constitúe menos do 50% do total, sendo polo tanto elixible,[4] mais a Academia mantivo a súa decisión inicial.[5]
Conta a historia de Joy (Anwulika Alphonsus), unha muller nixeriana que traballa como prostituta para pagar as súas débedas, ó tempo que mantén á súa familia en Nixeria e á súa filla en Viena.[6]