Johnny Mad Dog | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Johnny Mad Dog |
Director | Jean-Stéphane Sauvaire |
Produtor | Mathieu Kassovitz |
Guión | Jean-Stéphane Sauvaire |
Baseado en | Johnny Chien Méchant de Emmanuel Dongala |
Intérpretes | Christopher Minie Daisy Victoria Vandy Dagbeh Tweh Mohammed Sesay Prince Kotie |
Música | Jackson Tennesse Fourgeaud |
Fotografía | Marc Koninckx |
Estrea | 2008 |
Duración | 98 minutos |
Orixe | Francia Bélxica Liberia |
Xénero | Drama, Bélico |
Na rede | |
http://www.tfmdistribution.com/johnnymaddog/ | |
Johnny Mad Dog é un filme franco-liberiano dirixido por Jean-Stéphane Sauvaire que se estreou no 2008. Johnny Mad Dog é unha adaptación dunha novela do escritor congolés Emmanuel Dongala, Johnny Chien Méchant, publicada en 2002.
Nun país indeterminado de África, a guerra civil asola a capital. Johhny Mad Dog e os seus amigos, nenos guerrilleiros -tamén chamados "nenos soldado"-, van a doután pola cidade, saqueando, disparando e violando mulleres sen que ninguén ouse pararlles os pés. Johnny ten 15 anos e é un neno soldado armado ata os dentes que se sente habitado polo can feroz que pretende ser algún día. Coa axuda do seu comando, No Good Advice, Small Devil e Young Major, rouba, saquea e destrúe todo o que se cruza no seu camiño. Son adolescentes fascinados polas fantasías do cine americano e a desinformación xogando a facer a guerra. Por outro lado Laokolé, de 13 anos, procura imaxinar ese futuro tan próspero ó que podería conducirlle o seu éxito nos estudos e xunto co seu irmán Fofo, de 8 anos, intenta fuxir da súa cidade, caída en mans das milicias infantís, evitando a toda costa os constantes perigos que asolan as rúas.