Jared Jeffries | |
---|---|
Posición | Ala-pivote / Pivote |
Dorsal | 1, 20, 9 |
Altura | 2,11 m (6 ft 11 in) |
Peso oficial | 109 kg (240 lb) |
Nacemento | 25 de novembro de 1981 (42 anos) Bloomington, Indiana |
Carreira | |
Universidade | Indiana (2000–2002) |
NBA Draft | 2002 / Rolda: 1 / Elección: 11 Por Washington Wizards |
Tempadas | 2002–2013 |
Equipo(s) | |
| |
Estatísticas (NBA) | |
Puntos | 3 003 (4,8 pp) |
Asistencias | 798 (1,3 pp) |
Rebotes | 2 563 (4,1 pp) |
Stats @ Basketball-Reference.com | |
Premios | |
Jared Scott Carter Jeffries, nado o 25 de novembro de 1981 en Bloomington, Indiana, é un antigo xogador americano de baloncesto profesional. Xogaba principalmente nas posicións de ala-pivote e pivote.
Jeffries foi elixido na 11ª posición do Draft da NBA de 2002 polos Washington Wizards, equipo onde xogou as súas primeiras 4 tempadas na NBA.
Os New York Knicks ficharon a Jeffries o 8 de agosto de 2006, despois de que os Wizards rexeitaran igualar a oferta dos Knicks.[1] Pouco antes do comezo da tempada, Jeffries sufriu unha lesión no pulso[2] e perdeuse os 23 primeiros partidos da tempada. O 16 de decembro de 2006, Jeffries viuse envolto na liorta dun Knicks-Nuggets e foi suspendido por catro partidos.
O 18 de febreiro de 2010, foi traspasado aos Houston Rockets xunto a Jordan Hill, como parte dun traspaso a tres bandas que mandou a Tracy McGrady aos New York Knicks. Jeffries acordou o remate do seu contrato cos Rockets o 25 de febreiro de 2011.[3] O 1 de marzo de 2011, Jeffries volveu aos Knicks.
O 16 de xullo de 2012, Jeffries, Dan Gadzuric, os dereitos de Kostas Papanikolaou e Giorgos Printezis, e unha elección de Draft de segunda rolda foron traspasados ós Portland Trail Blazers a cambio de Kurt Thomas e Raymond Felton.[4]
En setembro de 2013, os Denver Nuggets contrataron a Jeffries coma ollador, tras retirarse coma xogador á idade de 31 anos.[5]