Ivana Baquero
Nome completoIvana Baquero Macías
Nacemento11 de xuño de 1994
LugarBarcelona
NacionalidadeEspañola
Educada enAmerican School of Barcelona
Profesiónactriz
Na rede
http://ivanabaquero.com/
IMDB: nm1419440 Allocine: 135473 Rottentomatoes: celebrity/ivana-baquero Allmovie: p475066 Metacritic: person/ivana-baquero
Twitter: ivanabaquero_ Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Ivana Baquero Macías, nada en Barcelona o 11 de xuño de 1994, é unha actriz catalá que, en 2007, con 12 anos foi a gañadora máis nova dos Premios Goya á mellor actriz revelación pola súa interpretación na película El laberinto del fauno.

Biografía

Vive en Barcelona. A primeira película na que actuou foi Romasanta. La caza de la bestia (2003) con Elsa Pataky, dirixida por Paco Plaza. A súa segunda película foi Rottweiler, cun pequeno papel como a filla da protagonista. A terceira, de terror, foi Películas para no dormir: Cuento de navidad, dirixida por Paco Plaza, e na que é un dos principais personaxes. A cuarta foi Maria I Assou, para a televisión de Cataluña. A quinta foi Fráxiles, dirixida por Jaume Balagueró; na que interpretou a Mandy. A sexta foi El laberinto del fauno, dirixida por Guillermo del Toro, onde é a protagonista absoluta da historia, interpretando a fantasiosa nena Ofelia. Fala inglés, castelán, catalán e francés.

En 2009 finalizou a película estadounidense The New Daughter, onde interpretou a Louisa, a filla de Kevin Costner. En xuño de 2015 rodou The Shannara Chronicles (TNT) en Nova Zelandia, que foi estreada para televisión en 2016.

Compaxina a súa carreira de actriz cos estudos de Dereito.[1]

Películas

Premios

Ivana Baquero xunto a Guillermo del Toro.

Nomeamentos

Obtidos

Notas

  1. "Ivana Baquero: "Aprendín a loitar con dagas e sinteste máis forte, máis poderosa" - 20minutos.es". 20Minutos. Consultado o 7-2-2016. 

Véxase tamén

Ligazóns externas