A artesanía tradicional do ger mongol e os costumes conexos
Unha iurta ou ger mongol.
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
País Mongolia
LocalizaciónN/D
TipoCultural inmaterial
CriteriosCriterios
Inscrición2013
Rexión da UNESCOAsia e Pacífico
Identificador00872
Coñecementos e técnicas tradicionais vencellados á fabricación de iurtas, kirguises e kazajas (hábitat nómade dos pobos túrcos)
Iurta tradicional kirguís.
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
País Kirguizistán
Casaquistán
LocalizaciónN/D
TipoCultural inmaterial
CriteriosCriterios
Inscrición2014
Rexión da UNESCOAsia e Pacífico
Identificador00998
Muller turca na porta dunha iurta.

A iurta[1] (en mongol: Гэр; romanización: ger)[2] é unha vivenda utilizada polos nómades nas estepas de Asia Central. Distintos pobos usaron este tipo de vivenda desde a Idade Media. Na Idade Media, a vida nómade dos mongois obrigou a que tivesen unha vivenda para os seus constantes desprazamentos. Esta tenda de campaña estaba protexida por unha grosa cuberta, era fácil de transportar e óptima para soportar os intensos cambios climáticos de Mongolia.

A visita a unha iurta implicaba un rigoroso ritual protocolario. Podíase executar unha persoa polo só feito de entrar na iurta dun mandatario sen anunciar previamente a súa visita.

A súa influencia na cultura de Asia Central vese reflectida nos deseños do escudo de Casaquistán e a bandeira de Kirguizistán, ambos adoptados en 1992.

A artesanía tradicional relativa á iurta mongol foi designada como Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade pola Unesco o 5 de decembro de 2013.[3] Ao ano seguinte, o 26 de novembro de 2014, igualmente foi designada a artesanía da iurta kirguiz e kazaka.[4]

Partes dunha iurta orixinal

Na antigüidade, a iurta era modular e desmontable, pois estaba formada por varias partes e realizada con diversos materiais. As actuais conservan a forma, pero os materiais utilizados na súa construción cambiáronse por outros máis evolucionados e mellorados tecnoloxicamente. Por exemplo, resultan agora máis lixeiros, resistentes e ignífugos. As súas partes máis diferenciadas eran:

Armado dunha iurta mongol

Iurtas en Occidente

Fóra da zona de uso tradicional da iurta, tamén se empregou, e séguese facendo na actualidade,[cando?] noutros países.[onde?] Hainas máis ou menos fieis ás orixinais, en canto á forma, usos e materiais de construción.

Notas

  1. "iurta". TERGAL. Consultado o 22/11/2019. 
  2. Nómadas en invierno (LaVanguardia.com, 8 de febreiro de 2005 e 31 de maio de 2006)
  3. "Once nuevos elementos inscritos en la Lista Representativa del Patrimonio Cultural Inmaterial de la Humanidad". Unescopress. 
  4. "Diez nuevos elementos en la Lista representativa del patrimonio cultural inmaterial". Unescopress. 

Véxase tamén

Ligazóns externas