Modelo:Xeografía políticaIslamabad
اسلام آباد‬‎ (ur) Editar o valor em Wikidata
Vista aérea
Fotomontaxe
Imaxe

Nomeado en referencia aIslam e -abad Editar o valor em Wikidata
Localización
Mapa
 33°41′56″N 73°02′13″L / 33.6989, 73.0369Coordenadas: 33°41′56″N 73°02′13″L / 33.6989, 73.0369
EstadoPaquistán
División administrativaTerritório da Capital Islamabad (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Paquistán (1966–) Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación1.014.825 (2017) Editar o valor em Wikidata (1.120,12 hab./km²)
Xeografía
Superficie906 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude490 m-620 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1960 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoSheikh Ansar Aziz (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal44000 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico051 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webislamabad.gov.pk Editar o valor em Wikidata
Este artigo amosa letras urdús. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.

A cidade de Islamabad (en urdú ‏اسلام آباد que significa: "Cidade do Islam") é a capital de Paquistán. Está situada ao nordés do país, no Territorio da Capital Islamabad. Historicamente parte do territorio formaba parte da rexión do Punjab e outra parte de Khyber Pakhtunkhwa. Ten unha poboación de 1 151 868 habitantes (resultados preliminares do censo de 2011) [1].

Historia

En 1958 decidiuse escoller unha comisión para elixir unha nova capital do novo estado que substituíra a Karachi a ao ano seguinte decidiuse por unha zona a 15 km ao nordés de Rawalpindi. Un grupo de urbanistas, baixo a dirección do grego Constantinos A. Doxiadis, foi encargado do deseño da nova urbe. O 24 de febreiro de 1960 [2] o goberno paquistaní decidiu darlle o nome de Islamabad e no ano 1961 comezaron as obras.

No ano 1967, Islamabad converteuse xa oficialmente na capital do Paquistán. En 1970 remataron os traballos de construción.

En outubro de ano 2005 a cidade viuse afectada polo terremoto que sacudiu o subcontinente indio.

Xeografía e clima

Islamabad está situada no altiplano de Pothohar, a unha altura entre 457 m e 610 m, ao sur dos Altos de Margalla, a uns 15 km da cidade de Rawalpindi (antiga capital do país entre 1959 e 1968) e tamén cerca da de Gakhar.

O clima está en parte regulado por tres lagos artificiais (Rawal, Simli e Khanpur), mais é con todo un clima extremo, con veráns moi calorosos e con choivas monzónicas en xullo e agosto; os invernos son moi fríos con nevaradas frecuentes sobre os altos e máis raras na cidade. As temperaturas oscilan entre un mínimo de -3,9 °C en xaneiro e un máximo de 46,1 º no mes de xullo.

Demografía

Turismo

Notas

  1. "Pak population increased by 46.9% between 1998 and 2011". The Times of India. 29 de marzo de 2012. Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2013. Consultado o 7 de setembro de 2013. 
  2. Doxiadis, Constantinos. "Projects- Islamabad the Capital of Pakistan" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de outubro de 2007. Consultado o 8 de setembro de 2013.