Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto.Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos.
Infotaula de personaIsidro Parga Pondal

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de decembro de 1900 Editar o valor em Wikidata
Laxe, España Editar o valor em Wikidata
Morte4 de maio de 1986 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxeólogo
Membro de
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAvelina Peinador Porrúa
Premios

Dialnet: 3388326

Isidro Parga Pondal, nado en Laxe o 17 de decembro de 1900 e finado na Coruña o 4 de maio de 1986, foi un químico galego especializado en xeoloxía.[1][2] Destacou polos seus estudos en diversos eidos, que foron desde os da xeoquímica de rochas e minerais raros galegos, os areais galegos, o neovolcanismo da península Ibérica e o cartografado xeolóxico.[2]

Traxectoria

Manuscrito orixinal da tese de doutoramento (1935).

Isidro Parga Pondal procedía de dúas familias da burguesía galega de gran sona, preocupadas polo país. Era sobriño neto do vate Eduardo Pondal e neto do médico hidrólogo Isidro Pondal Abente por parte materna, e pola outra era neto de Salvador Parga Torreiro, catedrático de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e senador, e fillo de José Parga Casal, doutor en Dereito pola USC.[1] Logo da prematura morte do seu pai, en 1915, o seu homónimo avó foi o condutor de Isidro cara as ciencias experimentais.[3] Fixo os seus estudos de bacharelato en Santiago de Compostela e a carreira de Química na Universidade de Madrid, rematando a licenciatura en 1922.[1]

Voda con Avelina Peinador Porrúa, 1925.

En 1923 obtivo praza de profesor auxiliar de Química inorgánica e Analítica na Facultade de Ciencias na Universidade de Santiago de Compostela. Porén, aparecen os seus primeiros traballos sobre xeoquímica, publicados na revista do Seminario de Estudos Galegos nado recentemente e do que é membro. Desde a Sección de Ciencias Naturais do Seminario de Estudos Galegos, Isidro Parga Pondal fomentou a investigación sobre as riquezas do solo e o subsolo galego.

No ano 1925 casou con Adelina Peinador Porrúa, filla do propietario do Balneario de Mondariz, Enrique Peinador Línes. Nese tempo realizou estudos de doutoramento en Zürich, volvendo no 1933 a cidade compostelá.

Coa creación do Laboratorio de Xeoquímica da Universidade de Santiago de Compostela,[1] comezou as súas investigacións sobre Galicia e formou os primeiros xeoquímicos españois. En 1934 rematou a súa tese de doutoramento obtendo a cualificación de sobresaliente cum laude na Universidade de Madrid. No terreo do asociacionismo científico, Parga tivo un destacado papel na vida corporativa da Sociedad Española de Física y Química, onde acudía de cando en vez as súas sesións, especialmente desde 1935. Viña sendo asociado desta corporación desde os seus tempos de estudante en Madrid e un estreito colaborador ata a súa destitución como docente.[3]

Ó comezo da guerra civil foi purgado do seu posto de profesor tras a delación por Tomás Batuecas Marugán.[4] Tras a expulsión da Universidade de Santiago non retornaría máis á docencia universitaria, retirándose a súa vila natal, Laxe, onde se fixo cargo en 1938 da dirección da empresa Kaolines de Lage S.A.,[1] un traballo que, ademais de mantelo, a el e á súa familia, lle ía deixar capacidade de manobra para decidir libremente no que faría da súa vida en adiante.[5]

Máis tarde creou o Laboratorio Xeolóxico de Laxe, onde seguiría co labor investigador compartido e coordinado co traballo empresarial que levou a cabo cos irmáns Fernández López, ademais doutras iniciativas empresariais e de formación científica con mozos investigadores e xeólogos que viñan de todas as partes do mundo.[3] En 1945 colaborou co Instituto Xeolóxico e Mineiro de España e en 1954 comezou a colaborar coa Universidade de Leiden, facéndoo despois coas de Montpellier, Estrasburgo, Zürich, Munster e Lisboa.

Membros do SEG en 1928: De esquerda a dereita na fileira de atrás: Ramón Otero Pedrayo, Antón Losada Diéguez, Florentino López Cuevillas, Vicente Risco, Carballo Calero, Xosé Filgueira Valverde, Sebastián García Paz, Luís Pintos Fonseca, Antón Fraguas, Bibiano Fernández Osorio-Tafall. Sentados: Isidro Parga Pondal, Abelardo Moralejo Laso, Xesús Carro García, Salvador Cabeza de León, Joaquín Arias Sanjurjo, Xerardo Álvarez Limeses e Juan Novás Guillán.

Faleceu na Coruña o 4 de maio de 1986 a causa dun derramo cerebral. Foi enterrado no cemiterio de Laxe.[6]

Recoñecementos

Homenaxe a Isidro Parga Pondal no parque de santa Margarida da Coruña.

Foi premio Ramón Mourente no 1958. En 1960 ingresou na Real Academia Galega coa lectura do discurso Observación, interpretación y problemas geológicos de Galicia, respondido por Luís Iglesias Iglesias[7]. No 1962 foi nomeado profesor agregado do Instituto Lucas Malleda, recibindo a continuación diversas distincións: Pedrón de Ouro (1965), Premio de Ciencias da Deputación da Coruña (1972), Premio de Investigación da Universidade de Santiago e da Universidade Menéndez e Pelayo (1982), medalla Castelao, doutor honoris causa pola Universidade de Santiago de Compostela (1983), Presidente Honorario da Academia de Ciencias de Galicia, membro numerario da Academia de Doutores de Madrid, correspondente da Academia de Ciencias de Madrid e correspondente da A. de Ciencias e Arte de Barcelona. Concedéuselle o Premio Trasalba en 1984. A Real Academia Academia Galega de Ciencias adicoulle no 2009 o Día do Científico Galego,e no 2015 foi homenaxeado con ocasión da celebración do VI Día da Ciencia en Galego.[8]

Diferentes institucións académicas levan o nome de Isidro Parga Pondal, entre elas o Instituto Universitario de Xeoloxía da Universidade da Coruña.

Publicacións

Indicación da Fundación Isidro Parga Pondal en Cerámicas do Castro (Sada).
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes.


Entre outras dispersas, Mapa Geológico de Galicia (1963, realizando despois os correspondentes provinciais), Mapa Geológico de la Península Ibérica (1970).[2]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Ánxeles Bugallo (13/05/2012). Consello da Cultura Galega - culturagalega.org, eds. "Isidro Parga Pondal: a Xeoloxía galega moderna e a aplicación industrial". 
  2. 2,0 2,1 2,2 Tierra y tecnología, eds. (26 de agosto 2013). "Los colaboradores del geoquímico gallego Isidro Parga Pondal". Arquivado dende o orixinal o 05 de maio de 2016. Consultado o 20 de novembro de 2017. (en castelán)
  3. 3,0 3,1 3,2 Gurriarán Rodríguez, Ricardo (2014). Galicia ten un referente. Isidro parga Pondal. Deputación da Coruña. ISBN 978-84-9812-259-6. 
  4. Coruña, La Opinión de A. "O catedrático que botou a Parga Pondal da universidade, elixido como protagonista do Día da Ciencia en Galicia". www.laopinioncoruna.es (en castelán). Consultado o 2019-03-01. 
  5. Vidal Romaní, J.R. (1984). Isidro Parga Pondal vida e obra. Fundación Otero Pedrayo. ISBN 84-398-1796-7. 
  6. "Isidro Parga Pondal, geólogo". elpais.com. 6 de maio de 1986. Consultado o 18 de outubro de 2023. 
  7. Parga Pondal, I. (1960). Discurso leído en el acto de su recepción por el Sr. Isidro Parga Pondal y contestación por Luís Iglesias Iglesias. Real Academia Galega. 
  8. "Día da Ciencia en Galego 2015". www.usc.es. Consultado o 27 de marzo de 2020. 

Véxase tamén

Bibliografía

Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes.

Ligazóns externas