Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1981 (42/43 anos) Ferrol, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | médica , psiquiatra , divulgadora científica |
Lingua | Lingua galega |
Iria Veiga Ramos, nada en Ferrol en 1981,[1] é unha médica psiquiatra interesada na divulgación científica e na lingua galega. É creadora do programa de directos en galego de Balea Vermella xunto con Javier Balea.
É médica psiquiatra no Hospital do Barbanza. Mantén o blog O outro lado do espello e participa nas iniciativas divulgadoras Escépticos no Pub e Pint of Science.[2] En 2017 gañou o Premio a artigos xornalísticos normalizadores do Concello de Carballo co artigo Inchazón. En 2018 participou no LGx15 coa intervención Síndrome do Noroeste e en Malas linguas da Deputación da Coruña.[3]