Interlingua | ||
---|---|---|
Creado por: | International Auxiliary Language Association | 1951 |
Emprego e uso: | Linguaxe auxiliar internacional | |
Total de falantes: | descoñecido | |
Categoria (propósito): | Lingua artificial Linguaxe auxiliar internacional Interlingua | |
Categoria (fontes): | linguas románicas, xermánicas, e eslavas. | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | ningún país | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | ia
| |
ISO 639-2: | ina | |
ISO 639-3: | ina
| |
SIL: | INA
| |
Mapa | ||
Status | ||
Interlingua é unha lingua artificial auxiliar desenvolvida entre 1937 e 1951 pola International Auxiliary Language Association (IALA)[1]. Encóntrase entre as linguas auxiliares artificiais máis utilizadas e é a lingua artificial naturalista máis empregada. Nas linguas artificiais naturalistas o vocabulario, a gramática e a fonética derivan do das linguas naturais, en vez de seren concibidos de forma autónoma[2]. No caso de interlingua as linguas fonte ou "de control" son o portugués, o castelán, o francés, o italiano e o inglés, sendo tamén o latín un referente importante, así como outras linguas romances, o ruso ou o alemán de xeito máis ocasional[3]. Interlingua trata de ser, en esencia, o "factor común" entre as linguas europeas.
A gramática e o vocabulario da interlingua foron completados no 1951. Alexander Gode foi un dos primeiros iniciadores deste esforzo; publicou unha gramática detallada, un dicionario interlingua-inglés e un libro introdutorio, titulado en Interlingua: Interlingua a prime Vista.
Interlingua ten seguidores nos EEUU, nos Países Baixos, en Rusia e particularmente en Suecia. Existen algunhas páxinas web en interlingua e un boletín mensual.
Agora interlingua tende a substituír o seu vocabulario tomado do latín clásico na versión orixinal de Gode polo vocabulario románico. Por exemplo, emer (comprar) vese substituído por comprar.
Despois da primeira guerra mundial houbo un interese crecente pola idea dunha lingua auxiliar internacional. Moitos lingüistas, intérpretes e científicos interesáronse polo desenvolvemento dunha linguaxe auxiliar óptima. Co seu apoio, a Asociación Internacional de Linguas Auxiliares (IALA) formouse en 1924 co financiamento de Alice Vanderbilt Morris para estudar esta cuestión. Finalmente, tras non conseguir compromisos entre as linguas auxiliares existentes, a IALA decidiu crear a súa propia linguaxe auxiliar utilizando principios científicos. A idea non era inventar unha lingua auxiliar senón extraer o seu vocabulario das palabras internacionais comúns entre as principais linguas europeas e estandarizala. Como se dixo "Non fai falta inventar unha linguaxe auxiliar. O que fai falta é só extraela".
A investigación sobre o desenvolvemento comezou en 1936 en Liverpool, Inglaterra, pero ante a ameaza de guerra, a IALA trasladou a súa operación de investigación a Nova York en 1939 baixo a dirección de Ezra Clark Stillman.
Nese ano reuniu un equipo de lingüistas para levar a cabo a tarefa. En 1934 Ezra Clark Stillman e o seu asistente o doutor Alexander Gode remataron o manual de Normalización interlingüística que describía o seu concepto de como extraer palabras das linguas que consideraban que contiñan a maior concentración de palabras: inglés, francés, italiano e español. (estes dous últimos agrupados nunha única lingua).
O traballo continuou durante a Segunda guerra mundial pero Stillman deixou a IALA en 1943 para servir ao goberno dos Estados Unidos. Gode converteuse no director da investigación. En 1945, un Informe Xeral da IALA informou de que o equipo producira un vocabulario de máis de 20.000 palabras internacionais.
Existe unha versión da Wikipedia en Interlingua (lingua artificial) |
Historia · Literatura | |
Obras básicas | Manifesto de Interlingua · Interlingua: A Grammar of the International Language · Interlingua-English Dictionary |
Pioneros | Alice Vanderbilt Morris · Alice Morris Sturges · Alexander Gode-von-Aesch · André Schild · Engelbert Pigal · Hugh Blair · Hugo Fischer · Leland Yeager · Ric Berger · Stanley Mulaik · Stefano Bakonyi |
Características | Gramatica · Pronunciation · Derivation de parolas · Formation |
Organizacións relacionadas | UMI · IALA · Academia pro Interlingua · Interlingua Division of Science Service · Dansk Interlingua Union · Norsk Interlingua Union · Union brasilera pro Interlingua · Association Finlandese pro Interlingua · Societate Svedese pro Interlingua ·
Societate American pro Interlingua · Societate Britannic pro Interlingua |
Revistas | Panorama in interlingua · Confluentes · Internovas · Pro Biblia · Actualitates — Interlingua i Norden · Voce de Interlingua · Interlingua Institute Report · Unir · Heraldo de Interlingua · Contacto - Super Interlingua · Lingua e Vita · Vias boreal · Bibliographia de Interlingua |