Estruturas dispoñibles | |||
---|---|---|---|
PDB | Buscar ortólogos: PDBe, RCSB | ||
Identificadores | |||
Símbolos | IL1B (HGNC: 5992) IL-1, IL1-BETA, IL1F2, interleucina 1 beta | ||
Identificadores externos | |||
Locus | Cr. 2 q14.1 | ||
Padrón de expresión de ARNm | |||
Máis información | |||
Ortólogos | |||
Especies |
| ||
Entrez |
| ||
Ensembl |
| ||
UniProt |
| ||
RefSeq (ARNm) |
| ||
RefSeq (proteína) NCBI |
| ||
Localización (UCSC) |
| ||
PubMed (Busca) |
|
A interleucina 1 beta (IL-1β), tamén coñecida como piróxeno leucocítico, mediador endóxeno linfocítico, factor celular mononuclear, factor activador do linfocito entre outros nomes, é unha proteína citocina que nos humanos está codificada no xene IL1B do cromosoma 2.[1][2][3][4] Hai dous xenes para a interleucina-1 (IL-1): IL1A (IL-1 alfa) e IL1B (IL-1 beta, tratada neste artigo). O precursor do IL-1β é clivado pola caspase 1 citosólica (ou interleucina 1 beta convertase) para formar a IL-1β madura.
A propiedade de produción de febre do piróxeno leucocítico humano (interleucina 1) que foi purificado por Dinarello en 1977 (PNAS), presenta unha actividade específica de 10–20 nanogramos/kg. En 1979, Dinarello informou que o piróxeno leucocítico humano purificado era a mesma molécula que fora descrita por Igal Gery en 1972.[5][6][7] El nomeouno factor activador do linfocito (LAF) porque era un mitóxeno do linfocito. En 1984 descubriuse que a interleucina 1 consistía en dúas proteínas diferentes, agora chamadas interleucina 1 alfa e interleucina 1 beta.[2]
A IL-1β é un membro da familia da interleucina 1 de citocinas. Esta citocina prodúcena os macrófagos activados como proproteína, que é procesada proteoliticamente á súa forma activa pola caspase 1 (CASP1/ICE). Esta citocina é un importante mediador da resposta inflamatoria e está implicada nunha variedade de actividades celulares, incluíndo a proliferación celular, diferenciación e apoptose. A indución da ciclooxixenase-2 (PTGS2/COX2) por esta citocina no sistema nervioso central contribúe á hipersensibilidade á dor inflamatoria. Este xene e outros oito da familia da interleucina 1 forman o cluster de xenes de citocinas do cromosoma 2.[8]
O peso molecular da IL-1β procesada proteoliticamente é de 17,5 kDa. A IL-1β ten a seguinte secuencia de aminoácidos:
A actividade fisiolóxica determinada a partir da proliferación dependente de dose das células D10S murinas é de 2,5 x 108 a 7,1 x 108 unidades/mg.
O incremento da produción da IL-1β causa varias síndromes autoinflamatorias, especialmente as condicións monoxénicas denominadas síndromes periódicas asociadas a criopirina (CAPS), debidas a mutacións no receptor inflamosoma NLRP3, que desencadea o procesamento de IL-1β.[9]
A disbiose intestinal induce a osteomielite de maneira dependente da IL-1β.[10]
O Canakinumab é un anticorpo monoclonal humano que ten como diana a IL-1β, e está aprobado en moitos países para o tratamento das síndromes periódicas asociadas á criopirina.